O grupo municipal do BNG de Trasmiras, solicitará a celebración dun Pleno extraordinario de urxencia no concello de Trasmiras, á luz dos recentes acontecementos xudiciais que comprometen ao equipo de goberno do concello.
“Non acreditamos na xudicialización da actividade política e sempre nos cinximos estritamente
ao ámbito político”, tal como sinala a voceira nacionalista de Trasmiras. O BNG tiña solicitado
reiteradamente información en diferentes Plenos ao redor dos supostos ilícitos que levaron a
actuar á fiscalía a investigar as diversas situacións irregulares do concello. “Dende o BNG
solicitamos en diversos Plenos explicacións ante unha serie de expedientes e pagos que
consideramos irregulares e dos que non obtivemos información por parte do actual rexedor”.
Para o BNG é no ámbito político onde se deben resolver este tipo de problemas. Por iso ante ás actuacións dos axentes da fiscalía na casa consistorial de Trasmiras, por uns supostos delitos
de seria gravidade, que xustificaría dita intervención, insistimos en que é no ámbito institucional e político onde se deben clarificar polo ben da veciñanza, a xestión que se fai dende o concello por parte dos representantes políticos.
O grupo municipal do BNG de Trasmiras agarda que “os supostos ilícitos de malversación de
fondos públicos e prevaricación, supostamente cometidos polo actual alcalde de Trasmiras,
sexan resoltos debidamente e coa máxima dilixencia polas autoridades polo ben do concello.”
Por elo, esiximos ao rexedor que dé as debidas explicacións públicas no ámbito da súa responsabilidade, polo que debe comparecer ante o Pleno municipal, razón pola que solicitaremos un pleno extraordinario de urxencia, no que responda as preguntas e dúbidas que suscita a súa xestión política.
Ademais de solicitar o pleno extraordinario e de urxencia, esixiremos que se nos dé acceso aos
expedientes que suscitaron a investigación e intervención da fiscalía en Trasmiras.
O BNG Trasmiras esixirá un pleno extraordinario ante a grave situación xudicial que compromete ao goberno municipal.
Fotografía de arquivo. A Limia News.