← Volver Dende A Limia

O delegado da Xunta recibe o Antela FC tras o seu ascenso a Terceira Federación

O delegado da Xunta recibe o Antela FC tras o seu ascenso a Terceira Federación

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na sede da Delegación Territorial á directiva e aos xogadores do Antela Fútbol Club para felicitalos polo seu recente ascenso á categoría de Terceira Federación.

Durante o encontro, o representante do goberno autonómico quixo recoñecer persoalmente o mérito deportivo do conxunto, destacando o esforzo realizado pola entidade ao longo da tempada para acadar este obxectivo tan importante para o club e para o deporte da provincia.

Ademais de celebrar este éxito, Manuel Pardo aproveitou a ocasión para reiterar o apoio institucional da Xunta de Galicia ao deporte base. O delegado trasladou aos representantes do club o compromiso do executivo autonómico en varias liñas de actuación:

Este ascenso consolida ao Antela Fútbol Club nunha etapa destacada dentro da súa historia recente, situando ao equipo nunha categoría de ámbito estatal onde competirá na vindeira campaña representando ao fútbol ourensán.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. a Terceira Federación
Dende A Limia Xinzo de Limia celebra este venres o histórico ascenso do Antela F.C. a Terceira Federación
O Concello de Xinzo e o Antela F.C. organizan este venres, 26 de xuño, unha gran festa popular para recoñecer o ascenso do equipo á Terceira Federación. A celebración comezará ás 21:00 horas, momento no que o cadro de xogadores, o corpo técnico e a directiva iniciarán unha ruada nun autobús descapotable que partirá desde a Casa do Concello. O obxectivo é percorrer as principais rúas da localidade para compartir este éxito deportivo coa veciñanza. O itinerario oficial da comitiva será o seguint…
25 de junio de 2026 1 min lectura
A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
Dende A Limia A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
A Asociación Cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia participou na edición especial Annus Argenteus do Arde Lucus, que conmemorou o seu vixésimo quinto aniversario na cidade de Lugo. A asociación mantén unha vinculación histórica co festival, estando presente desde as súas primeiras edicións e contribuíndo á consolidación deste evento como referente de Interese Turístico Internacional. A delegación da Civitas Limicorum, integrada por membros que representan tanto o bando castrexo como o ro…
22 de junio de 2026 1 min lectura
Mañá de relax no CEIP Carlos Casares
Dende A Limia Mañá de relax no CEIP Carlos Casares
"Mimos para a tribu": xornada de benestar para os nenos do CEIP Carlos Casares Un total de 41 alumnos de 4 anos do CEIP Carlos Casares participaron na actividade sorpresa "Mimos para a tribu", unha iniciativa deseñada como recoñecemento ao esforzo realizado polos pequenos ao longo do curso escolar. Durante unha hora, os nenos desfrutaron de diversas actividades de relaxación e coidado persoal, que incluíron a aplicación de máscaras faciais, masaxes, remollo de pés, manicura, maquillaxe e peina…
16 de junio de 2026 1 min lectura