← Volver Dende A Limia

Novo abrazo ao rio Limia un ano máis en Xinzo, e van 12

Novo abrazo ao rio Limia un ano máis en Xinzo, e van 12

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Comezaron os actos coa recepción do alumnado e as autoridades a carón do rio. Primeiro tomaron a palabra os representantes dos centros, así como a representación política dos concellos participantes.

Todos os rapeces e rapazas dos catro centros atopábanse tamén a beira do rio escoitando ata que chegou o momento da música, neste caso pola banda C de Escola de Gaitas de Xinzo.

A segunda parte do acto constituiu a prantación por catro representantes do alumnado dos centros no parque que leva o nome de «abrazo ao rio». 
Rematada a prantación todos os presentes fóronse colocando arredor do rio e nas pontes. Neste momento uníronse os mais cativos do Rosalía de Castro para collidos da man, rodear e dar o abrazo simbólico ao rio que une os dous pobos irmáns, Xinzo de Limia e Ponte de Lima. 

Rematado este acto principal o alumnado dos sous centros terá unha comida e continuarán o día visitando o nacemento do rio e despois visitarán o Museo do Entroido, e desta maneira esperar ao outono para devolver a visita e facer o mesmo en Ponte de Limia.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
Éxito de Aira García Teijeiro no Campionato de España Base Alevín
Dende A Limia Éxito de Aira García Teijeiro no Campionato de España Base Alevín
A ximnasta acrobática Aira García Teijeiro, integrante do Clube Burgas de Ourense e natural de Boado (Xinzo), logrou unha destacada actuación no recente Campionato de España Base Alevín celebrado en Granada. O certame contou coa participación de 141 das deportistas máis prometedoras do país. A deportista cosechou os seguintes resultados: Medallas individuais: Ouro nas probas de Trampolín e Minitramp, e bronce na proba de Tumbling. Medalla en conxunto: Prata na proba de trío, formada xunto a M…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura