← Volver Dende A Limia

Mirar as estrelas dende o Larouco en Baltar

Mirar as estrelas dende o Larouco en Baltar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Dentro do ciclo de actividades OS MESES DO LAROUCO, o Club Parapente Baltar, en colaboración co Concello de Baltar e a plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, terá lugar o sábado 29 de xuño, a partir das 22,00 horas, ASTROLAROUCO 2024, unha xornada de observación astronómica guiada por un experto, que ofrecerá as explicacións dos astros que dende o alto da Serra do Larouco poderanse observar tanto a simple vista como con telescopio.

PRAZAS LIMITADAS
Para poder facer unha boa observación e ter unha boa información, as prazas limítanse a 30 persoas, a un precio de 10 €.  A inscripción debe facerse no correo [email protected]
Os menores terán que ir acompañados por un titor que tamén ten que inscribirse.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Dende A Limia Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Contacontos en Xinzo de Limia no marco das Letras Galegas 2026 O alumnado do CEIP Rosalía de Castro participou nunha sesión de contacontos inspirada na obra O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. A actividade foi dirixida e escenificada polos voluntarios colombianos da Biblioteca Pública Antelana, Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez, cun obxectivo de fomentar o interese pola lectura e a literatura mediante a narración oral e a interpretación escénica. Esta iniciativa forma parte…
22 de mayo de 2026 1 min lectura
Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
Dende A Limia Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do II Taller de Cooperación Turística Internacional de Asicotur. Este encontro reúne a profesionais do sector para debater sobre a cooperación internacional e o uso da imaxe e a promoción como ferramentas para deseñar destinos turísticos competitivos. Durante a súa intervención, Merelles resaltou o impacto da marca Galicia Calidade nas contornas internacionais, definiéndoa como un paraugas de identidade que engloba a ex…
27 de mayo de 2026 2 min lectura
Lanzamento do proxecto europeo para a dinamización sostible dos Camiños de San Rosendo e da Rainha Santa
Dende A Limia Lanzamento do proxecto europeo para a dinamización sostible dos Camiños de San Rosendo e da Rainha Santa
O Inorde presentou oficialmente o proxecto “Camino_San_Rosendo_1_E: Dinamización turística sustentable e inclusiva do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa”. A presentación realizouse no Centro de Interpretación Aquis Querquenis (Bande) e ten como obxectivo principal promover un modelo de turismo que poña en valor o patrimonio cultural e natural sen caer no turismo de masas. Detalles e obxectivos do proxecto A iniciativa conta cun financiamento de 650.634 euros e desenvolverase ao longo de t…
28 de mayo de 2026 2 min lectura