← Volver Dende A Limia

Mais dunha vintena de mulleres acuden de xeito regular as actividades do Programa Rosalía.

Mais dunha vintena de mulleres acuden de xeito regular as actividades do Programa Rosalía.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Os cursos, de benestar e empoderamento, que se están levando a cabo dentro do Programa, están sendo moi ben acollidos polas veciñas dos catro concellos que participan, Rairíz de Veiga, Vilar de Barrio, Sandiás e Xunqueira de Ambía.

A eles asisten mulleres de todas as idades, dende nais de cativos/as a avoas, e incluso nalgunhas actividades os cativos tamén participan, que mellor maneira de aprender.

Un dos obxectivos é que as mulleres do rural se sentan respaldadas, con recursos e melloren o seu benestar e saude fisíca e mental. Obxectivo que sen dubida se está a lograr dado o exito de asistencia.
O Programa Rosalía está financiado pola Xunta de Galicia, na área de Igualdade, polo Fondo Social Europeo e a colaboración dos concellos de Rairíz de Veiga, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sandiás.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Resumo de resultados deportivos
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos
Veteráns O partido do equipo de veteráns masculino contra Vila de Meire foi suspendido debido á alerta de tormentas que afectou a zona de Lugo. A pesar da suspensión, o equipo mantense en liza, restándolle dous xogos e a final de copa, para a que xa está clasificado. Cadetes As cadetes femininas (2011) tiven resultados mixtos este fin de semana: perderon o venres en Allariz, pero lograron a vitoria o domingo ante Depordima. Infantís Femininas 2012: Derrota ante Carmelitas, o que supón a súa…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura
María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia comunicou o resultado do III Certame Literario Antón Tovar, no que o xurado decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Raiz de pereira” de María Carmen Gómez García. A autora, profesora xubilada de Lingua Galega e Literatura con longa traxectoria na comarca, recibirá un premio de 600 euros e a publicación da súa obra na revista Tempos Novos. A entrega do galardón terá lugar o sábado 20 de xuño ás 19:30 horas no Museo da Limia. O acto contará cun programa que inclúe …
15 de junio de 2026 1 min lectura