← Volver Dende A Limia

FESTIVAL FIN DE CURSO 23- 24

FESTIVAL FIN DE CURSO 23- 24

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Entre elas atópase o Festival de Fin de Curso que se organiza en Xuño con motivo do remate do curso escolar. Dito Festival está composto por 3 concertos:
O Concerto de Grao Elemental, que correrá a cargo do alumnado máis novel, no cal tamén se fará o Acto de Graduación dos rapaces que rematan este ciclo no 4º Curso de dito grao. Celebrarase o Xoves 13 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.
O Concerto de Grao Profesional, a cargo do alumnado máis veterano onde tamén se celebrará o Acto de Graduación dos alumnos e alumnas que rematan o seu camiño no noso conservatorio. Nesta ocasión o concerto será o Venres 14 ás 20:00 h no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.
Para rematar o terceiro dos concertos celebrarase na rúa, se o tempo nos acompaña, concretamente na nosa Praza da Música o día 21 de Xuño, xa que reuniremos a todo o alumnado do centro, dende os máis cativos da casa, Música e Movemento, Iniciación Musical, ata os ensembles máis numerosos como son a banda do Conservatorio. Así mesmo tamén se fará entrega dos Títulos de Grao Profesional da promoción graduada no curso 21/22.
Nos 3 concertos escoitaremos repertorio moi variado, clásico, bandas sonoras, música popular… de seguro serán concertos do gusto de todo o público asistente. Despois dun longo ano de estudo, exames e moitas actividades, celebramos este Festival que con tanto esforzo e entusiasmo estase a preparar por todo o alumnado, baixo a dirección dos profesores: Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Elena Domínguez Rodríguez, Ma José Rodríguez Carrera, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Alejandro Martínez Ares e Cristina Vázquez Canal.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A campaña de Trens Turísticos de Galicia segue ampliándose co éxito da alta ocupación
Dende A Limia A campaña de Trens Turísticos de Galicia segue ampliándose co éxito da alta ocupación
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou a continuación da campaña de Trens Turísticos de Galicia, unha iniciativa en colaboración coa Renfe e o INORDE. Este programa busca promover un turismo sostible e singular, contribuíndo á desestacionalización e á redistribución de viaxantes por toda a comunidade autónoma. A nova fase da campaña arrinca este 6 de xuño coas rutas da Ruta dos Faros e da Ribeira Sacra polo Sil. A alta demanda destas viaxes xa é evidente, con moitas datas es…
5 de junio de 2026 2 min lectura
Retrasos na recepción da segunda fase do parque empresarial por deficiencias técnicas
Dende A Limia Retrasos na recepción da segunda fase do parque empresarial por deficiencias técnicas
O Concello decidiu non asinar a recepción definitiva da segunda fase da ampliación do polígono industrial debido a diversas deficiencias técnicas detectadas tras unha inspección realizada xunto con técnicos municipais e as empresas colaboradoras Viaqua e Elite. Esta decisión comunicouse tanto á UTE encargada da obra como á dirección de obra da Xunta de Galicia. O obxectivo do consistorio é que se corrixan estas eivas antes de proceder á recepción, co fin de evitar futuros custos inasumibles par…
18 de mayo de 2026 2 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura