← Volver Dende A Limia

Aprobación definitiva da travesía de Xinzo

Aprobación definitiva da travesía de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, vén de anunciar a aprobación definitiva do proxecto de mellora da N-525 ao seu paso por Xinzo de Limia. Un proxecto que conta cun orzamento de 4.799.995,85 euros e no que ademais da renovación do firme e da travesía, tamén se realizarán actuacións para a construción de rutas peonís e ciclistas sustentables.
Trátase dun investimento do Goberno do Estado que permitirá a humanización da N-525 ao seu paso pola capital da Limia, concretamente entre os puntos quilométricos 197+060 ata o 200. O prazo de execución das obras queda establecido en 12 meses e estudarase, co visto e prace do Concello de Xinzo, que a franxa de arborado e vexetación ou axardinamento se sitúe entre o carril bici e a beirarrúa, prevendo tamén unha banda transitable entre o carril bici e a franxa de aparcamento o máis ampla posible.

O subdelegado do Goberlo, Eladio Santos, afirmou que o obxectivo deste proxecto “é humanizar, modernizar e ordenar os espazos públicos ao longo da N-525, para atender tanto as necesidades actuais como futuras da estrada”. Neste senso, tamén apuntou que “queremos potenciar Xinzo, cunha nova área que sirva para desenvolver actividades de ocio de forma sostible e accesible para toda a veciñanza, fomentando o desprazamento peonil e a mobilidade ciclista, como parte do día a día, potenciando a súa vez a seguridade viaria”.
Santos puxo de manifesto que este tipo de investimentos “son a demostración de que o Goberno de España potencia novas infraestruturas na provincia que contribúen a favorecer unha mobilidade sostible de peóns e ciclistas, co obxectivo de reducir tanto as emisións á atmosfera como a contaminación acústica”.

“Este proxecto permitirá unha transformación total de Xinzo, nunha das obras máis importantes para o municipio dos últimos anos”, afirmou o subdelegado do Goberno, antes de sinalar que “Xinzo de Limia terá, ao fin, uns accesos acordes coa dimensión e importancia desta vila”.
As obras que contempla o proxecto inclúen ademais da mellora da urbanización e o axardinamento da contorna da N-525, separando a zona de tráfico rodado das de uso peonil e estacionamento, a dotación de servizos nas marxes, ademais de aproveitar para soterrar a liña de alumeado público, mellorar as luminarias e semáforos e ampliar a anchura das beirarrúas.
Á presentación asistiron por parte do concello de Xinzo, Elvira Lama promotora do proxecto e Carlos Gómez como tenente de alcalde.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 360.000 euros en axudas para a cooperación con concellos, destinadas especificamente á execución de proxectos de infraestruturas. Detalle das axudas concedidas: Boborás: 18.000 € para a canalización e ensanche do viario de acceso ao Curro en Feás. Entrimo: 50.000 € para a mellora do tránsito peonil entre A Barreira e Feira Vella. A Gudiña: 34.000 € para a pavimentación en Erosa, Carracedo e na capital do municipio. M…
26 de mayo de 2026 2 min lectura
Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
Dende A Limia Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
O Centro de Investigacións de Mabegondo, baixo a dirección de Luís Urquijo Zamora, realiza anualmente ensaios agronómicos na comarca da Limia con o obxectivo de avaliar novas variedades comerciais de cereais, centrándose principalmente no trigo e no centeo. A finalidade destes estudos é medir características fundamentais como o rendemento, a calidade do grao, a resistencia a enfermidades e a capacidade de adaptación ao medio. Mediante ensaios rigorosos, o centro busca proporcionar datos estatís…
3 de junio de 2026 1 min lectura
Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
Dende A Limia Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
O Concello de Porqueira, con o apoio de Turismo de Galicia, inaugurou este sábado a nova área de escalada situada no canón do río Fírbeda. Esta actuación busca reforzar o posicionamento de Galicia como un referente no turismo deportivo e de natureza. Detalles do proxecto e investimento O proxecto contou cun investimento aproximado de 40.000 euros e comprende as seguintes actuacións: Creación e equipamento dunha nova zona de escalada no canón do río Fírbeda. Adecuación e homologación dun send…
2 de junio de 2026 1 min lectura