← Volver Dende A Limia

A Xunta e a Deputación volven a comprometerse co regadío da Limia

A Xunta e a Deputación volven a comprometerse co regadío da Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O despacho do presidente da Xunta acolleu esta mañá unha reunión na que participaron o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; e representantes da Comunidade de Regantes da Limia, co seu presidente á cabeza, Amador Saborido.
Ao remate do encontro, que todos os participantes calificaron como positivo, o presidente provincial afirmou que o proxecto da modernización do regadío da Limia 
Trátase dunha obra que, con todos os custes  aproxímase aos 50 millóns, investimento moi importante onde están implicados o Goberno Central e a Xunta,  e onde colabora a Deputación para aportar os recursos necesarios para culminala, o que dará lugar a 4.000 hectáreas de regadío nunha comarca senlleira e eminentemente agrícola.
Menor relatou que había certas dificultades porque o Goberno Central négase a asumir certos costes como o IVE, “algo que xa fixo noutros lugares, e reclamarémolo. Como non podemos poñer en perigo ese proxecto, damos a garantía de que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes se finalmente o Goberno Central non os asume”, proclamou o presidente provincial. “Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”.
Compromiso firme
Neste senso, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, subscribiu as palabras de Menor e manifestou que o compromiso de Alfonso Rueda e da Xunta de Galicia é claro e notorio, “proba delo son as inversión que levamos feita case 7 millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, imprescindible para acometer a modernización do regadío da Limia”.

“é un proxecto estratéxico no ámbito rural para Galicia e sobre todo para a provincia de Ourense”.

Así, a directora xeral recalcou que “por iso solicitamos ao Goberno Central que se comprometa. Se fan un esforzó e teñen vontade, poden asumir o IVE, así como facilitar trámites administrativos para poder ampliarse e chegar a máis puntos. A Xunta vai estar sempre ao carón dos regantes”.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de regantes, Amador Saborido, sinalou que “esta viaxe a Santiago foi máis que satisfactorio”, lembrando que A Limia “é a comarca agrícola máis importante de Galicia, non debemos deixar pasar esta oportunidade. Sen o apoio da Xunta e a Deputación este proxecto poderíase tambalear. Esta obra suporá un antes e un despois para a nosa comarca agrícola”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
Dende A Limia Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
A vila de Celanova volta a ser o epicentro da danza con unha nova edición do Festival “Baila Conmigo”, o certame máis lonxevo da súa categoría na Península Ibérica. Esta edición de 2026 contará coa participación de 28 compañías, grupos e solistas de oito nacionalidades diferentes, destacando a presenza da prestixiosa compañía italiana Tropical Gem. O alto nivel artístico do evento está garantido polo palmarés dos seus participantes, que acumulan múltiples títulos mundiais, europeos e nacionais.…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
A Deputación de Ourense entrega 511 equipos de extinción de incendios financiados por ABANCA e Afundación
Dende A Limia A Deputación de Ourense entrega 511 equipos de extinción de incendios financiados por ABANCA e Afundación
A Deputación de Ourense xestionou a entrega de 511 equipos de extinción de incendios forestais para os concellos rurais da provincia, unha iniciativa financiada por ABANCA e a súa Obra Social, Afundación. O acto de entrega realizouse no Parque de Maquinaria da Deputación coa participación de Luis Menor (presidente da Deputación de Ourense), José María Jardón (director de ABANCA en Ourense), José Manuel Mourelo (coordinador de RSC de Afundación) e Jesús Combarro (director de Banca Agro de ABANCA)…
16 de junio de 2026 2 min lectura
Resumo de resultados deportivos e próximas finais
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos e próximas finais
Veteranos: Final da Copa Deputación Os equipos de veterans feminino e masculino alcanzaron a final da Copa Deputación, que se disputará o sábado día 13 ás 16:00 h: Equipo feminino: Enfrentará a Val de Lemos no pavillón Pacito. Equipo masculino: Xogará contra a Imprenta de Ourense no pavillón Paco Paz. Cabe destacar que o equipo veterano masculino rematou a liga con unha vitoria ante o Vila de Meira. Categorías de base: Eliminacións As categorías de formación non lograron o pase ás finais d…
8 de junio de 2026 1 min lectura