← Volver Dende A Limia

​A piscina climatizada de Xinzo de Limia permanecerá aberta durante o mes de xullo

​A piscina climatizada de Xinzo de Limia permanecerá aberta durante o mes de xullo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia anuncia que, pensando no benestar das dúas veciñas e veciños, a piscina climatizada seguirá aberta durante todo o mes de xullo. Esta decisión coincidirá coa apertura das piscinas exteriores de verán e está deseñada para ofrecer aos veciños unha maior variedade de recursos co obxectivo de manter a saúde física e mental durante a tempada estival.
A apertura simultánea de ambas instalacións reflicte o compromiso do Concello coa promoción dos hábitos de vida saudable e a importancia de ofrecer espazos adecuados para o fomento da actividade física e a relaxación mental. “As piscinas climatizadas son un recurso de alto valor durante os meses máis fríos, e a súa dispoñibilidade durante o mes de xullo permitirá á veciñanza seguir coas súas rutinas de natación así como os seus hábitos acuáticos”, afirma Cristina Campero, concelleira de Deportes. 
Os horarios de apertura para a tempada de verán serán os seguintes:
• Piscina Climatizada: de 07:00 a 12:00 de luns a venres.
• Piscina Municipal exterior: de 12:30 a 20:30 todos os días de verán.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Festival de Fin de Curso do Conservatorio
Dende A Limia Festival de Fin de Curso do Conservatorio
O Conservatorio programa para este mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso na comarca da Limia. O evento ten como obxectivo mostrar o talento musical do seu alumnado e celebrar o peche do curso escolar mediante tres concertos principais que integrarán música de cámara, banda e diversos ensembles. A programación constará dos seguintes actos: Xoves 11, 20:00 h: Concerto de Grao Elemental, que incluirá o acto de graduación do alumnado que remata este ciclo de catro anos. Venres 12, 20:00 h: C…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Xinzo de Limia declara o Parque do Pombal como espazo libre de fumo
Dende A Limia Xinzo de Limia declara o Parque do Pombal como espazo libre de fumo
O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense habilitaron o Parque do Pombal como "Espazo Libre de Fumo". Esta iniciativa busca protexer a saúde pública, con especial incidencia nos menores, e concienciar sobre os riscos do tabaquismo en contornos públicos. Esta medida é parte dun convenio de colaboración firmado entre ambas institucións no ano 2025. No acto de presentación participaron o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o tenente de alcalde, Antonio Ferná…
21 de mayo de 2026 1 min lectura
Inauguración da recuperación de trens de primeira hora na estación da Gudiña
Dende A Limia Inauguración da recuperación de trens de primeira hora na estación da Gudiña
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este de mañá a recuperación das frecuencias de primeiros trens na estación Porta de Galicia, na Gudiña. O secretario viaxou dende Lugo e foi recibido na estación por unha comitiva de autoridades do PSdeG-PSOE de Ourense, que incluía alcaldes, deputados e representantes das comarcas de Monterrei e Valdeorras. O restablecemento deste servizo de primeira hora é considerado un paso fundamental para corrixir a brecha territor…
20 de mayo de 2026 1 min lectura