← Volver Dende A Limia

​50.000 EUROS PARA A PAVIMENTACIÓN DA ALDEA DE CARDEITA NO CONCELLO DE SANDIÁS

No que atinxe ás axudas para o Concello de Sandiás, aprobouse uha axuda de 50.000 Euros para a pavimentación de accesos ao núcleo da aldea de Cardeita.
Os principais traballos executados desenvolvéronse en dous accesos a aldea de Cardeita, concretamente no chamado Barrio dos Perces e no Barrio da Carreira e consistiron na limpeza de salvacunetas e caños existentes, limpeza de cunetas mediante retroexcavadora, limpeza dos bordes laterais dos viais mediante desbroce e eliminación de vexetación, limpeza enérxica do pavimento, reparación total e bacheo mediante grava e rego alfástico, rexeneración do pavimento mediante doble rego asfáltico, nun tramo determinado, pavimento sobre hormigón existente, posta a cota dos pozos a nova rasante da rúa así como reposición dos cercos e reixas.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas de xeito progresivo, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais na medida do posible.

A obra foi licitada e adxudicada a empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL.

Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
Dende A Limia A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora na estrada OU-540, nun tramo de 14,1 quilómetros que conecta Celanova con Bande. Esta actuación contará cun investimento de 6 millóns de euros e terá un prazo de execución previsto de 18 meses. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das traballos, destacando que esta intervención é estratéxica para a comarca da Baixa Limia. O obxectivo principal é aumentar a capacidade, a seguridade …
2 de junio de 2026 1 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura
Presentación do Circuíto Basket 3x3 da Deputación de Ourense
Dende A Limia Presentación do Circuíto Basket 3x3 da Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, presentou o novo Circuíto Basket 3x3. Esta iniciativa, que forma parte do Programa de Fomento Deportivo 2026, busca promover hábitos de vida saudables e acercar esta modalidade olímpica a toda a cidadanía mediante un formato dinámico e accesible. O presidente da institución, Luis Menor, destacou o carácter integrador e a capacidade de este deporte para dinamizar a vida social e chegar a todos os recunchos da provincia…
9 de junio de 2026 2 min lectura