A Asociación A Pantalla celebrou este sábado no Museo Galego do Entroido o seu 30 aniversario, lembrando a súa traxectoria na preservación deste símbolo cultural.
Durante o acto, a entidade homenaxeou ás súas primeiras directivas (as fundadoras de 1996 e as do ano 2000) e nomeou socios de honra a cinco figuras clave:
- Federico Cocho de Juan
- Edelmiro Martínez Cerredelo
- Rafael Laso Lorenzo
- Antón Riveiro Coello
- Xosé Santos Otero
A xornada deixou ademais unha importante achega para o patrimonio local: Raúl de Santiago Penedo doou unha máscara de Pantalla do ano 1967. Esta peza xa se pode visitar no espazo que ten a asociación na planta baixa do Museo, onde se conservan diferentes modelos históricos.
A celebración rematou na Praza de Oriente, onde a música de Festicultores Troupe puxo o broche final á festa.