Mañá 4 de xuño ábrese o prazo de preinscrición ao campamento de verán do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos entre 3 e 12 anos. O programa executarase de luns a venres entre o 24 de xuño e o 6 de setembro. A actividade terá un custe de 15€/quenda para nenos/as empadroados/as e 40€/quenda para non empadroados/as.
Podes consultar aquí as bases completas do campamento Vilar de Santos 2024.
INSTRUCIÓNS PARA O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
1º) Dende mañá ás 9:00 horas habilitarase un formulario de preinscrición que permanecerá aberto ata as 23:59h do día 11 de xuño.
2º) Pasado ese período publicarase na web https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade:
1º) Menores empadroados no Concello de Vilar de Santos dende hai 6 meses ou máis.
2º) Menores empadroados no concello de Vilar de Santos dende hai menos de 6 meses.
3º) Menores con ao menos un proxenitor empadroado no concello de Vilar de Santos.
4º) Menores con con algún familiar de ata segundo grao de afinidade/consanguinidade empadroado no concello de Vilar de Santos.
5º) Os demais casos, segundo orde de inscrición.
6º) Que os dous proxenitores traballen (deberán presentarse contratos de traballo).
7º) Nivel de renta (para o que se requirirá declaración do IRPF 2023).
Os solicitantes non admitidos en primeira instancia, pasarán a formar parte dunha lista de agarda. Non se contemplarán solicitudes fora do prazo establecido, a excepción de que queden prazas libres. Non serán admitidos os nenos e nenas que non cumpran os requisitos esixidos.
3º) As persoas admitidas ao campamento formalizarán a matrícula presentando o ANEXO I das bases completas do campamento Vilar de Santos 2024. A matricula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través de correo electrónico: [email protected], remitindo a este enderezo o formulario de solicitude previamente asinado e o xustificante de pago con data límite 19/06/2024.