← Volver Antela FC

Con VAR, mais sen café

Con VAR, mais sen café

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Antela despediu o ano no Fernández Carrera con humor e moito frío nun partido a beneficio do Banco de Alimentos de Xinzo que enfrontou onte ao equipo xuvenil cun combinado de directivos, adestradores e nais e pais. Recolléronse 110 quilos de alimentos que o club entregou a mesma tarde no Banco.
Foi a parte seria dunha xornada na que o combinado luciu o uniforme titular, as camisolas branquinegras, que non puideron disimular barrigas flagrantes e un estado físico xeral preocupante.
Enfronte, os rapaces, de vermello, fixeron o que puideron por non mancar ningún familiar nin directivo, e xogaron camiñando para non cansar a un rival que acabou con 17 sobre o campo (máis o porteiro) ante a impasibilidade dun árbitro claramente parcial e que ignorou case sempre os continuos chamamentos do VAR (tecnoloxía que se estreou na Moreira, inda que de cartón).
Houbo unha chea de goles anulados aos xuvenís por supostos fóra de xogo, penaltis a favor do combinado branquinegro inventados todos polo colexiado, moitas chanzas desde o público antes de quedaren todos conxelados, e ausencia de bar o día que máis falta facía un café. Ninguén se mancou. O resultado final descoñécese.
O 2024 acabou cunha modesta festa, e o 2025 aparece cheo de bos propósitos, entre eles, seguir apoiando causas solidarias que merecen a nosa atención.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
Antela FC Área social fútbol novas O CLUB
Tamén che pode interesar
O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
Antela FC O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
O Antela FC vén de incorporar ao dianteiro Musa Dambelleh Danso, de 19 anos, para reforzar o equipo ata o final da tempada. O xogador chega para cubrir a praza que deixou libre Iñaki Bellido, quen causou baixa definitiva por lesión durante o resto do curso. Musa Dambelleh ten experiencia en varios clubs de formación e categorías superiores: Procedencia: canteira do Burgos (Liga Nacional). Traxectoria: formouse no Badalona e no Sant Andreu, pasou polo Granada C.F. e xogou en Segunda RFEF co A…
1 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
Antela FC O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
O Antela FC arrincou o mes de outubro cunha vitoria ante o Arenteiro (2-3) e sitúase no grupo de cabeza da clasificación de Terceira RFEF, compartindo a primeira praza con outros tres equipos. Tras cinco xornadas de liga, o conxunto que adestra Bruno Gómez atópase nunha posición de privilexio, aínda que ocupa o cuarto posto na táboa por diferencia de goles. Os seus rivais directos polo liderado son o Boiro, o Barco e o Lalín. O equipo afronta agora un calendario decisivo para consolidarse na p…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela estréase na casa en Terceira cunha vitoria clave fronte ao Somozas
Antela FC O Antela estréase na casa en Terceira cunha vitoria clave fronte ao Somozas
O Antela logrou a súa primeira vitoria como local na Terceira Federación ao derrotar ao Somozas por 1-0 no campo da Moreira. O único gol do encontro chegou desde o punto de penalti. O momento decisivo ocorreu no minuto 13, cando Tiago Teixeira transformou un penalti provocado polo seu compañeiro Tumbeiro. A pesar da presión exercida polo Somozas durante todo o segundo tempo, o porteiro local Bruno Pío converteuse no protagonista da tarde ao salvar o resultado con varias paradas providenciais, e…
26 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser