← Volver Antela FC

Os xuvenís, na Gala do Deporte 2024

Os xuvenís, na Gala do Deporte 2024

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Unha delegación do Antela F.C. encabezada polo presidente, Pablo Losada, acompañou onte aos integrantes do equipo xuvenil da tempada pasada e da actual na Gala do Deporte 2024 de Xinzo de Limia que se celebrou no Pavillón de Deportes, organizada pola Concellería de Deportes. Os futbolistas xuvenís do Antela subiron ao escenario, co seu adestrador, Juan Forri, como nominados ao premio na categoría de Mellor Equipo de Base.
O galardón recaeu finalmente no equipo de fútbol infantil das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia. Futbolistas, adestradores e directivos do Antela compartiron despois da Gala uns petiscos no bar La Paloma, no Polígono, no penúltimo acto que celebrará o club antes de fin de ano. Dentro da actividade social do Antela F.C., está previsto para o próximo sábado, día 28, un partido de nais e pais, técnicos e xogadores dos xuvenís, ademais de directivos a disputar no Fernández Carrera.
ACTIVIDADE DO XUVENIL

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC Área social fútbol novas Xuvenil
Tamén che pode interesar
Antela FC
Antela FC O C.D. Barco e o Antela empatan (1-1) nun derbi marcado pola falta de acerto e unha gran actuación do porteiro
O Barco e o Antela empataron a un gol no último derbi. O partido destacou pola falta de puntería dos visitantes e pola intervención clave do porteiro antelán, Bruno Pío, que detivo un penalti. O adestrador do C.D. Barco, Agustín Ruiz, sinalou que o seu equipo mereceu gañar con folgura na segunda parte: "Fixo méritos para marcar tres ou catro goles". Ruiz recoñeceu que a falta de acerto está a limitar os puntos do equipo, que debería levar 18 na clasificación se tivese materializado as ocasións …
15 de octubre de 2026 2 min lectura
O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
Antela FC O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
O Antela FC arrincou o mes de outubro cunha vitoria ante o Arenteiro (2-3) e sitúase no grupo de cabeza da clasificación de Terceira RFEF, compartindo a primeira praza con outros tres equipos. Tras cinco xornadas de liga, o conxunto que adestra Bruno Gómez atópase nunha posición de privilexio, aínda que ocupa o cuarto posto na táboa por diferencia de goles. Os seus rivais directos polo liderado son o Boiro, o Barco e o Lalín. O equipo afronta agora un calendario decisivo para consolidarse na p…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela estréase na casa en Terceira cunha vitoria clave fronte ao Somozas
Antela FC O Antela estréase na casa en Terceira cunha vitoria clave fronte ao Somozas
O Antela logrou a súa primeira vitoria como local na Terceira Federación ao derrotar ao Somozas por 1-0 no campo da Moreira. O único gol do encontro chegou desde o punto de penalti. O momento decisivo ocorreu no minuto 13, cando Tiago Teixeira transformou un penalti provocado polo seu compañeiro Tumbeiro. A pesar da presión exercida polo Somozas durante todo o segundo tempo, o porteiro local Bruno Pío converteuse no protagonista da tarde ao salvar o resultado con varias paradas providenciais, e…
26 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser