← Volver Antela FC

A Moreira celebra un outono espléndido

A Moreira celebra un outono espléndido

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Os tres equipos do Antela, os adestradores e a directiva, máis algúns dos veteranos, celebraron o venres pola noite na Moreira o magosto de confraternización de cada mes de novembro. Foi despois da última sesión preparatoria dos tres equipos, que esta fin enfrontan compromisos importantes nas súas respectivas competicións para avanzar no camiño dos obxectivos.
Cociñou a directiva e celebraron futbolistas e técnicos no bar do Estadio da Moreira, que a medida que o club medra vaise quedando pequeno, baixo os focos da torre oeste nunha noite morna dun outono que promete ser inesquecíbel.
Vexan: o primeiro equipo disputou once partidos e non perdeu ningún (na Copa, o poderoso Barco, líder da Preferente, só puido impoñerse nos penaltis), marcha líder. O filial xogou dez partidos e perdeu tres, un ritmo que o coloca entre os catro primeiros, en posto de promoción, e que de continuar halles permitir aspirar ao ascenso. O xuvenil podería hoxe mesmo amarrar unha praza no grupo de oitos equipos que loitará polo ascenso na segunda fase, e tamén vai invicto despois de nove partido, segundo na clasificación.

A festa, no Dende A Limiahttps://www.dendealimia.com/texto-diario/mostrar/5072753/antela-tamen-celebrou-magosto

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
Antela FC Área social fútbol novas O CLUB
Tamén che pode interesar
Os goles de Pucho, Charli e Xabi
Antela FC Os goles de Pucho, Charli e Xabi
[embedded content] Partido de ida da eliminatoria de play-off de ascenso da Terceira REF entre o Antela e o Betanzos disputado na Moreira (Xinzo) o 31 de maio de 2026.
2 de junio de 2026 1 min lectura
O Antela busca a vantaxe en casa nos play-off de ascenso á Terceira REF
Antela FC O Antela busca a vantaxe en casa nos play-off de ascenso á Terceira REF
O Antela afrontará este domingo o primeiro partido de ida da eliminatoria de ascenso á Terceira División REF contra o Betanzos. O encontro terá lugar no campo da Moreira ás 18:00 h. O xogador Bruno Pío destacou a importancia de xogar como local para alcanzar un resultado positivo. Segundo o futbolista, a condición da herba natural e o tamaño do campo, xunto coa familiaridade táctica que o equipo ten no seu estadio, serán factores decisivos para potenciar o rendemento do grupo neste partido …
28 de mayo de 2026 1 min lectura
Duelo decisivo na Moreira: Antela e Betanzos enfrontan as súas ambicións
Antela FC Duelo decisivo na Moreira: Antela e Betanzos enfrontan as súas ambicións
O próximo compromiso entre o Antela e o Betanzos sitúase como un dos puntos máis críticos da temporada, representando un choque de alta intensidade entre un equipo que busca recuperar o seu ton competitivo e un rival en pleno estado de gracia. O estado de forma do Betanzos O Betanzos chega ao encontro nun momento excepcional, con unha serie de nove vitorias consecutivas nas que anotou 27 golos e só recibiu cinco. O equipo destaca pola súa solidez, sendo o mellor visitante da Preferente: gañou …
27 de mayo de 2026 2 min lectura