← Volver Blogs

CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940:

CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940:

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España

O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto ás grandes operacións militares, aínda así tiveron lugar accións do exército contra as guerrillas republicanas ata finais dos anos corenta, e posteriormente á guerrilla en diversos lugares de España e na provincia de Ourense ata polo menos o ano 1952. O que se viu en abril de 1939 non foi o comezo da paz e a reconciliación, senón o anuncio da institucionalización da vinganza a gran escala contra a esquerda e os republicanos derrotados, fíxose unha depuración detallada e concienciuda de toda persoa cómplice a través da Causa Xeral, a xuízo dos vencedores, de ter colaborado, ter sido republicano ou ser “desafecto” a “Nova España”. (Do meu libro Historia de Xinzo de Limia).
A Causa Xeral iniciouse trala vitoria das forzas sublevadas na Guerra Civil e o establecemento do réxime franquista. Por decreto do 26 de abril de 1940, concédense amplas facultades ao Fiscal do Tribunal Supremo para que proceda a instruír a Causa Xeral, co obxecto de pescudar os feitos delituosos cometidos en todo o territorio nacional durante a «dominación vermella». Ante a complexidade que vai adquirindo a investigación, establécese que, por Decreto do 19 de xuño de 1943, desígnese a un Fiscal Xefe da Causa Xeral que, baixo a exclusiva e directa dependencia do Ministro de Xustiza, asuma as facultades que ata ese momento tiña asignadas o Fiscal do Tribunal Supremo; aínda que, por Decreto do 25 de abril de 1958, disponse que quede de novo baixo a dependencia do Fiscal do Tribunal Supremo e restitúanselle as súas facultades. O Ministerio Fiscal, baixo a dirección do Fiscal do Tribunal Supremo, asumiu a tarefa de recoller toda a documentación que servise para tal fin, formando a denominada «Causa Xeral», ata que o Decreto-Lei do 31 de marzo de 1969 recoñeceu a prescrición das posibles responsabilidades penais por feitos acaecidos antes do 1 de abril de 1939.
Esta investigación, levada a cabo en cada provincia polos fiscais delegados para ese efecto, recolle os feitos delituosos acontecidos nos tres anos de guerra civil, baixo o Goberno republicano, e lexitimar a represión franquista. Comprendía o período desde as eleccións de febreiro do 1936 ata abril de 1939.
Cos resultados obtidos, o Fiscal Instrutor elevaba un informe resumen á Inspección da Causa Xeral que se efectuou na maioría das provincias, pero, non en todas. Esta documentación, reunida na Fiscalía do Tribunal Supremo, permaneceu, coas maiores garantías de seguridade e conservación no Arquivo acoirazado que se habilitou para tal fin, ata que a Fiscalía Xeral do Estado transferiuna ao Arquivo Histórico Nacional o 30 de xullo de 1980.
A Causa Xeral foi un instrumento político moi eficaz para o franquismo, xa que: Contribuíu á persecución política, fortaleceu a narrativa do réxime. Xerou un clima de medo e de control da poboación. Co tempo, a Causa Xeral foi obxecto de numerosas críticas desde o ámbito da historiografía e a memoria histórica pola falta de imparcialidade e o deterioro da convivencia.
A Causa Xeral é unha fonte valiosa para comprender a natureza do réxime franquista, a represión da posguerra e a forma en que o franquismo construíu a súa relación sobre a Guerra Civil. Con todo é fundamental analizala cunha perspectiva crítica, recoñecendo o seu carácter parcial e o seu papel como ferramenta de represión. Este proceso deixou un profundo impacto na sociedade española, contribuíndo a un clima de represión e medo que perdurou durante as décadas posteriores, ata a morte de Franco en 1975 e a chegada da democracia.
Os concellos da Limia contestaron aos requirimentos, pero soamente o concello de Sandías mandou oficio firmado polo alcalde Agapito Feijóo e militante da FET, axuntando dúas certificacións da declaracións de dous veciños feitas con data do 27 de xuño do ano 1941:

Benjamín Fernández Loren, veciño de Sandiás, declara que seu fillo José Fernández Seguín de 17 anos, marchou por traballos da sega a Alcalá de Henares (Madrid).

Asunción Seguín Morales, veciña das Pegas, declara que seu marido Benito Dios Dios de 32 anos, marchou cunha cuadrilla á sega a Alcalá de Henares (Madrid).

En ámbolos dous casos marcharon antes do alzamento nacional sen que ata a data da declaración as familias tiveran noticias deles. (Datos e documentos do Arquivo Histórico Nacional. Madrid).

Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España

Foron moitos os homes e mulleres que no verán do ano 1936 se trasladaran en cuadrillas á sega en Castela, con motivo do golpe de estado do exército franquista, quedo dividida España e a maioría deles non puideron volver as súas casas, os homes foron movilizados polos republicanos, un caso moi coñecido foi o de Juan Sorga,  e combateron ao exército rebelde. Moitos nunca mais se soubo deles. Acabada a guerra, ao regresar a súa terra, sufriron represalias pola súa participación do lado perdedor.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog historia de xinzo Uncategorized
Tamén che pode interesar
Asociación Cultural A Pantalla: 30 anos protexendo a tradición do Entroido de Xinzo
Blogs Asociación Cultural A Pantalla: 30 anos protexendo a tradición do Entroido de Xinzo
A Asociación Cultural A Pantalla foi constituída no verán de 1996 en Xinzo de Limia. A súa xunta directiva fundadora estivo composta por Jesús Fariñas Diz (presidente), Daniel Rodríguez Enríquez (vicepresidente), Jorge Gómez Fidalgo (secretario) e Carlos Asensio Fernández (tesoureiro), xunto a outros vogais. Obxectivos e actividades A entidade naceu coa finalidade de promover, difundir e protexer a pantalla, o símbolo de identidade cultural máis significativo do Entroido de Xinzo. Para lograr …
16 de abril de 2026 2 min lectura
José Seguín . Raíriz de Veiga (Orense), s. xvii – 20.X.1751. Escultor.
Blogs José Seguín . Raíriz de Veiga (Orense), s. xvii – 20.X.1751. Escultor.
 Por José Hervella Vázquez. Casado con Juana Muñoz, el matrimonio tiene al parecer siete hijos (dos varones y cinco hembras, la mayor parte de ellos fallecidos en su niñez). Fallece José Seguín en Rairiz de Veiga el 20 de octubre de 1751, siendo enterrado en el coro de la iglesia parroquial de su feligresía. Su esposa fallece en Rairiz de Veiga el 18 de septiembre de 1785. En esta villa se conserva la casa en donde tuvo su taller el escultor. Está situado en el centro del lugar, al lado de la ca…
5 de marzo de 2023 3 min lectura
A Ponte de Liñares
Blogs A Ponte de Liñares
A Ponte de Liñares no río Limia coa canle principal acabada. Unha foto doutra fermosa ponte derruída por mor da canalización do río Limia para desaugar a lagoa de Antela en Ponte de Liñares. Ponte romana de traza medieval, alombada, que evidentemente substitúe no mesmo lugar a outra desaparecida, pertencente á antiga vía romana.  «A Vía Nova cruzaba o Limia e seguía polo norte o rio é a lago de Antela cara Astorga.  Outro camiño saía da Vía Nova á altura de Ponte Liñares cara ao Forum Limicorum…
9 de octubre de 2018 7 min lectura