← Volver Dende A Limia

ADEGAL REÚNESE COA DIRECTORA XERAL DE AGADER DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ADEGAL REÚNESE COA DIRECTORA XERAL DE AGADER DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Na tarde de onte, unha representación de  ADEGAL, desprazouse a Santiago de Compostela para manter unha reunión con Paz Rodríguez  Rivera, Directora Xeral de AGADER, da Consellería do Medio Rural.

 Logo da presentación, procedeuse a dar traslado das demandas do sector, algunhas con competencia propia.
 Reiterouse a necesidade dun punto de provisión de residuos agrarios, a limpeza de canles e mellora de infraestruturas agrarias, os cambios de uso das terras de forestal a agrícola, a autorización excepcional ao uso de drons para tratamentos fitosanitarios, a flexibilidade na PAC, a actualización da  instrución técnica de xestión de dexecións gandeiras e fertilización e a importancia  da implantación dunha formación professional  agrogandeira regrada na comarca que afiance o relevo xeneracional.
Adquiriuse o compromise de traballar nas medidas propostas e realizar  proximamente unha visita a pé de campo na comarca da Limia, pilar fundamental do sector primario galego.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
​Máis de 1000 escolares de Galicia e Portugal fúndense no simbólico ‘XIV Abrazo ao Río Limia’ para celebrar a súa irmandade
Dende A Limia ​Máis de 1000 escolares de Galicia e Portugal fúndense no simbólico ‘XIV Abrazo ao Río Limia’ para celebrar a súa irmandade
O alcalde, Amador Díaz, destacou o valor desta xuntanza para que as novas xeracións medren protexendo o patrimonio natural e cultural común. Auga Limpa Xa!!Durante o abrazo ao río, un grupo de manifestantes da plataforma Auga Limpa Xa! meteronse no cauce do río para amosar unha pancarta. Dende a plataforma denuncia que o grupo de goberno, xunto coa Policía Local e a Garda Civil, impedironlles manifestarse, polo que optaron por meterse no río.
17 de junio de 2026 1 min lectura
Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Dende A Limia Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Hoxe, arredor das 8:43 h, un camión que transportaba porcos envorcou no quilómetro 206.600 da estrada N-525, no concello de Sandiás, concretamente á altura do Restaurante Novaiño. Como consecuencia do sinistro, a carga de animais quedou solta sobre a via. Para xestionar a situación e recoller aos porcos, desprazaronse ao lugar os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Conservación de Estradas. Impacto: Non se rexistraron feridos no accidente.
3 de junio de 2026 1 min lectura
Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
Dende A Limia Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia. O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…
9 de junio de 2026 1 min lectura