← Volver La Región

A XXIV Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia será inesquecible

A XXIV Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia será inesquecible

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Festa do Esquecemento volve iste ano a Xinzo de Limia coa XXIV edición, grazas á colaboración da Asociación Civitas Limicorum e o propio Concello de Xinzo de Limia. A devandita celebración contará con máis de 50 actividades, as cales desenvolveranse entre o venres 23 e o domingo 25 de agosto, con ubicacións no Parque do Toural, as rúas do Casco Vello, a Praza Mayor, a Praza Carlos Casares e o Campamento e o Río Lethes.
A festa arranca o venres coa inauguración do campamento, mercado e zona infantil coa banda de gaitas Cidade de Antioquía. Tamén terá lugar o Circo Romano, coa animación de rúa a cargo de Trip Malabar e pasarrúas con Turdión. Á noite, turno para os Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar. Para rematar o primeiro día desta festa, terá lugar o gran desfile inaugural con antorchas e o prendido do lume sagrado, con pasarrúas con Cidade de Antioquía e concerto de Grimorium.
O sábado abrirase o mercado e a zona Infantil con Turdión, acompañado do Circo Romano, desfile das Fuerzas de Choque Romanas Extraordinarii de Cartagena, Loitas do Coliseum, pasarrúas con Cidade de Antioquía e Triduendes, a cargo de Trip Malabar.

Para continuar a Festa do Esquecemento, a maiores haberá unha recepción de autoridades a tropas estranxeiras, cos Premios Bispo Idacio 2024 e a chamada Harmonía no aire.
Xa pola tarde, haberá unha xincana e pasarrúas con Lirolaio, Turdión e Cidade de Antioquía. Logo, terá lugar unha Romana Comedia, a cargo de Trip Malabar.

Ao terminar estas actividades, será a ocasión para a celebración duns Grandes Xogos Olímpicos, pasarrúas con Lirolaio, loitas do Coliseum, Vodas Romanas e Gladiadores do Circo.
Xa pola noite, terá lugar a Harmonía no aire, concerto de Grimorium e concerto de Astarot, para rematar o sábado de Esquecemento.
O domingo, último día desta inesquecible festa, volverase abrir o mercado e a zona infantil con Turdión. Tamén volverá a Romana Comedia, Harmonía no aire, pasarrúas con Lirolaio, Circo Romano e pasarrúas con Turdión.
Despois destas actividades, terán lugar as marchas romanas con Achicoria, cruce do río Lethes e gran loita final. A maiores, terán a súa aparición os Gladiadores do Circo, Desfile da Victoria e Harmonía no aire. Tamén haberá unha homenaxe a Merce Barba e pasarrúas con Lirolaio. Para finalizar a XXIV Festa do Esquecemento, haberá un apagado do lume sagrado, a entrega de premios a participantes e o concerto de despedida con Grimorium.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Accidente nun camión de transporte de porcos na N-525 (Sandiás)
La Región Accidente nun camión de transporte de porcos na N-525 (Sandiás)
Este mércores, aproximadamente ás 07:30 horas, produciuse un accidente de tráfico na estrada N-525, en Sandiás, que implicou un camión de transporte de gando porcino que levaba ao seu bordo uns 180 porcos. O condutor do vehículo foi evacuado tras o siniestro e, segundo as primeiras informaciones, non presenta lesións de gravedade, podendo saír do camión con a axuda de veciños presentes na zona. En canto ao gando, a maioría dos animais conseguiu saír do camión por medios propios. Actualmente, o…
3 de junio de 2026 1 min lectura
Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
La Región Inaugurada a nova zona de escalada de A Forxa en A Limia
O Concello de Porqueira inaugurou oficialmente a nova zona de escalada de A Forxa, situada no canón do río Fírbeda. Este proxecto, que contou co apoio de Turismo de Galicia, supuxo unha inversión de preto de 40.000 euros. A nova instalación ofrece 43 vías distribuídas en seis sectores, deseñadas para todos os niveis de escaladores e cumprindo coa normativa europea de seguridade. Ademais, a iniciativa inclúe a homologación dun sendeiro circular de cinco quilómetros coñecido como a ruta das Ferve…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Iniciativa de comunicación aumentativa no colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia
La Región Iniciativa de comunicación aumentativa no colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia
O colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia desenvolveu un proxecto para facilitar a comunicación do alumnado que utiliza sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, cun obxectivo fundamental: garantir a súa participación activa en actividades sociais e escolares. Implementación de pictogramas e impacto social A iniciativa consistiu na incorporación de pictogramas en diversos espazos para mellorar a orientación, a autonomía e a comprensión do entorno. Este proxecto estendese má…
6 de junio de 2026 2 min lectura