← Volver Dende A Limia

Dis que din que

Dis que din que

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 Fai uns días que unhas persoas viron o proceder, que segundo afirman os veciños da praza, sempre se fixo así, dende fai tempo. Dis que din que 

 se achegaron uns funcionarios do concello a reparar o “chorrito” que botaba fora,  e a continuación lle engadiron  a auga, dúas botellas de 3 litros de lixivia dentro. Preguntando sobre o proceder, un veciño respondeulle a persoa que indagaba sorprendida polo proceder, que o levan facendo así moito tempo. Esta é a maneira de que un día despois lle cambie a cor a auga. Si, pero pensaron os do concello que nesa auga meten as mans os cativos?. Ah! Que non se preocupen polos cans, que xa non beben dela, porque lle cheira precisamente a lexivia.

E falando de fontes, tamén chega unha queixa a este medio sobre o tema de que en todo Xinzo (vila) non haxa ningunha fonte onde coller auga para darlle de beber as mascotas, xa non dicimos para que poidan  beber os cativos ou persoas maiores. ¿Non acabou fai algúns anos a pandemia, na que estaban prohibidas?. Non será por falla de auga… precisamente este ano.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 360.000 euros en axudas para a cooperación con concellos, destinadas especificamente á execución de proxectos de infraestruturas. Detalle das axudas concedidas: Boborás: 18.000 € para a canalización e ensanche do viario de acceso ao Curro en Feás. Entrimo: 50.000 € para a mellora do tránsito peonil entre A Barreira e Feira Vella. A Gudiña: 34.000 € para a pavimentación en Erosa, Carracedo e na capital do municipio. M…
26 de mayo de 2026 2 min lectura