← Volver Diario do Limia

NOTICIAS XINZO I Asun Morgade incorpóranse a Comisión Executiva do PSOE ourensán

NOTICIAS XINZO I Asun Morgade incorpóranse a Comisión Executiva do PSOE ourensán

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar un Comité Provincial en Santa Cruz de Arrabaldo, onde se esgrimiu a necesidade de seguir aumentando a actividade política, co obxectivo de conseguir a confianza da cidadanía na provincia de Ourense. Durante a celebración do mesmo ratificáronse por unanimidade os cambios na Comisión Executiva Provincial, procedeuse a lectura do informe do secretario xeral provincial e abriuse unha queda de intervencións libres entre os asistentes.

Seguindo a liña de acción sinalada no comité provincial do pasado 13 de abril, o PSdeG-PSOE de Ourense aumentou a súa actividade política nestes 3 meses coa celebración de catro Comisións Executivas Provinciais (CEPs), de  xuntanzas en 5 das nove bisbarras provinciais, e o inicio de contactos con áreas estratéxicas de desenvolvemento, coma as Denominacións de Orixe (DO) vitivinícolas.

Este contacto co territorio tamén se reflectiu en actos que reivindicaron a finalización da estrada AG-31 de conexión entre Celanova e a fronteira de Portugal, o contacto coa Dirección de UXT e empresas senlleiras de Ourense, como é o caso da carroceira UNVI, ou a intensa cadea de accións desenvolvidas pola secretaría provincial de migracións para informar e defender aos emigrantes retornados ao longo do territorio ourensán e tamén noutros puntos da xeografía nacional.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destacou durante a súa intervención que «a mobilización e a xeración dun discurso político propio son necesidades máis acuciantes, nestes intres, logo dos acontecementos políticos sucedidos ao longo do tempo e as accións levadas a cabo no eido provincial».

Villarino aproveitou tamén para relatar as diferentes actividades levadas a cabo ao longo dos últimos tres meses, entre as que destacaron as diferentes reunións comarcais, con empresas e asociacións; as roldas de prensa para destacar os investimentos do Goberno ou denunciar a situación das multas pagadas pola Deputación de Ourense a Manuel Baltar; a campaña electoral das eleccións europeas, a celebración da III edición de ConMemora; ou os diferentes actos e actividade orgánica do partido.

«Animamos á militancia do partido a traballar con máis intensidade que nunca para recuperar a confianza da cidadanía e a erixir ao PSdeG-PSOE no referente político da provincia de Ourense», destacou Villarino. Por último, o líder das e dos socialistas ourensáns afirmou que «actuando deste xeito, eliminarase a confusión ideolóxica xerada polas dereitas, ilustrarase a valía das políticas progresistas, e situarase ao Partido Socialista como referente da veciñanza de Ourense».
O PSdeG-PSOE de Ourense desenvolverá un intenso programa de accións locais, comarcais e provinciais dirixidas a mobilizar as bases do partido, difundir exemplos de éxito político municipal e xerar espazos de diálogo e debate permanentes coa veciñanza e os axentes sociais. As ideas e proxectos que emanen destes intercambios de visións, incorporaranse ao programa do partido e contribuirán a redefinir e actualizar a súa misión na sociedade ourensá.
Cambios na Comisión Executiva Provincial
O Comité Provincial serviu tamén para ratificar por total unanimidade a incorporación de referentes do socialismo ourensán a Comisión Executiva Provincial. Deste xeito incorpóranse a executiva a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asun Morgade, que exercerá como secretaria de atención á dependencia; o alcalde de Melón, Emilio Luís Díaz, que asume o cargo de secretario de relacións institucionais; a concelleira en Vilardevós, Marina Lovelace, quen será secretaria de socialdemocracia e desenvolvemento provincial, e Miguel Ángel Rodríguez Ojea, na secretaría de acción electoral.
O PSdeG-PSOE de Ourense tamén reestrutura outras áreas de traballo entre membros actuais da Executiva. Deste xeito, Javier Rey asume a secretaría de organización, namentres que Beatriz Domínguez Blanco pasa a ser adxunta á organización, cargo que compaxinará coa secretaría de igualdade e Susana Rodríguez Estévez asume a secretaría de administración e seguirá tamén en política municipal.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
Diario do Limia Ráfaga en Xinzo: el fenómeno internacional de la cumbia aterriza en las fiestas de Santa Mariña
La histórica banda de cumbia argentina Ráfaga ha incluido oficialmente a la localidad de Xinzo de Limia dentro de su programación de conciertos para este verano de 2026. La mítica formación, internacionalmente conocida por éxitos de masas como Mentirosa o Una ráfaga de amor, se presentará ante el público de la comarca el próximo viernes, 17 de julio de 2026, coincidiendo con la celebración de las fiestas patronales de Santa Mariña. La confirmación de esta gran actuación musical se enmarca de…
22 de junio de 2026 2 min lectura
A Deputación de Ourense aprueba unha inversión de máis de 586.000 euros para o desenvolvemento provincial
Diario do Limia A Deputación de Ourense aprueba unha inversión de máis de 586.000 euros para o desenvolvemento provincial
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, baixo a présidia de Luis Menor, aprobou un paquete de 15 acordos que suxan un investimento total de 586.264,65 euros. Estas axudas están destinadas a reforzar a cooperación municipal, promover o turismo, o deporte e as infraestruturas en diversos puntos da provincia. Detalle dos investimentos por áreas e municipios: Cultura e Turismo: O Concello de Xinzo de Limia recibirá 13.000 euros para a organización da Festa do Esquecemento. Por súa parte, Mont…
15 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
Diario do Limia A Xunta galega galardoa centros educativos polo seu labor en convivencia e inclusión
A Xunta de Galicia entregou en Santiago de Compostela os premios de excelencia educativa correspondentes á edición de 2025, recoñecendo o traballo de vinte e un centros educativos e unha aula hospitalaria polo seu compromiso coa convivencia escolar, o benestar emocional e a inclusión. Na provincia de Ourense, destacaron dous centros con galardóns e dotacións económicas específicas: CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia): Obtivo o segundo premio na categoría "Tolerancia Cero" (Educación Infant…
27 de mayo de 2026 1 min lectura