← Volver Dende A Limia

Novo reproche de Elvira Lama ao alcalde

Novo reproche de Elvira Lama ao alcalde

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia considera “inadmisible” a actitude do alcalde, Amador Díaz, que a semana pasada decidiu ausentarse da presentación do proxecto de humanización da N-525, para ir a recoller un premio do seu negocio persoal a Madrid. As e os socialistas pregúntanse “cales son as prioridades do rexedor?” e láianse de que estea máis preocupado por cuestións persoais que doutras que afectan a todo o municipio.
 Dende o grupo municipal socialista explican que a pasada semana a subdelegación do Goberno convocou en Ourense aos representantes políticos de Xinzo para a presentación do proxecto de humanización da N-525 ao seu paso polo municipio. Para sorpresa dos presentes, o rexedor non acudiu a dito acto, pero tal e como apuntan as e os socialistas “horas despois coñeciamos que o motivo da súa ausencia é que estaba en Madrid recollendo un premio polo seu negocio de patacas”.
 A voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, afirma que “para ser alcalde, os intereses de Xinzo de Limia sempre deben estar por riba dos intereses propios”. A edil socialista subliña que ante estes acontecementos e despois dun ano de mandato de Amador Díaz “temos claro que só lle interesa o seu e que Xinzo e a veciñanza non lle importan nada”.
 “Como pode un rexedor ausentarse da presentación dun dos proxectos máis importantes e transformadores da historia de Xinzo, como é a humanización da N-525, para ir a Madrid a recoller un premio persoal e alleo ao seu cargo de alcalde?”, pregúntase Lama Fernández. A voceira socialista insta a Amador Díaz a “pensar máis en Xinzo e na súa veciñanza e menos nos seus egos persoais” e lembra que nun ano de mandato o municipio e a cidadanía “segue agardando polos proxectos prometidos por Díaz, que a día de hoxe son unha utopía”. Neste senso tamén afirma que o actual alcalde “segue vivindo dos proxectos conseguidos polo anterior equipo de goberno encabezado polo PSOE, e non hai nin rastro de novos investimentos”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Nenos de Sandiás coñecen o proceso lácteo na Cooperativa Antelana
Dende A Limia Nenos de Sandiás coñecen o proceso lácteo na Cooperativa Antelana
Nenos e nenas do concello de Sandiás realizaron unha visita educativa á renovada Cooperativa Antelana, situada na Limia, co obxectivo de coñecer de primeira man o proceso de produción de leite. Durante a xornada, os menores percorreron as distintas etapas da explotación, visitando a zona de tenreiros, o área das vacas leiteiras e a zona de munguidura. A cooperativa, fundada en 1983 por doce socios, está a levar a cabo un proceso de modernización centrado no benestar animal. Un dos puntos clave …
19 de junio de 2026 1 min lectura
Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
Dende A Limia Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
A Deputación de Ourense celebrou a 35ª edición do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, un galardón destinado a recoñecer a excelencia profesional, o rigor e o compromiso social na comunicación. O acto foi presidido por Luis Menor, presidente da Deputación, quen destacou a necesidade de defender a información veraz e o espírito crítico nun contexto marcado pola inmediatez dixital e a proliferación de contidos non contrastados. Galardoados e recoñecimentos Premio Honorífico á Traxector…
17 de junio de 2026 2 min lectura
Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
Dende A Limia Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informou sobre a programación das obras de mellora na travesía da N-525. Para a finalización destas infraestruturas, estableceron os seguintes cortes de tráfico: Calendario de afectacións 30 e 31 de maio: Corte total do tramo da Praza Maior para realizar labores de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Corte da plataforma elevada do Pombal para finalizar o aglomerado impreso. Corte do tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a roton…
29 de mayo de 2026 1 min lectura