← Volver Dende A Limia

O verán en Xinzo ven cheo de música e cultura

O verán en Xinzo ven cheo de música e cultura

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta maña, na casa do concello, tivo lugar a presentación oficial do programa do verán.

Un programa repleto de concertos, espectáculos e actividades de tipo cultural, que queren por en valor os recursos culturais e turísticos de Xinzo e comarca, para xerar riqueza e actividade económica.
Para levar a cabo estas actividades colaboraron a Concellería de Festexos, a Concellería de Cultura e a Asociación Civitas Limicorum.

O programa xa comezou coa visita teatralizada o Mosteiro de Trandeiras, a cal foi todo un éxito de participación e de posta en escena. Dado o bo recibimento querese facer o mesmo na Torre de Pena, pondo así en valor a historia da comarca.
Continúan coas Festas de Santa Mariña, nas que levan traballando dende fai meses. Nestas festas cabe destacar o 6º Festival Internacional de Bandas de Gaitas, onde se lle vai facer unha homenaxe póstuma a Rubén Seoane, músico que pertenceu a Banda de Gaitas e era membro do grupo Habitación Vudú.
O 23 de Xullo, todo aquela persoa que queira participar, esta invitada a Aula Cemit para doar a súa voz para a IA, e así crear unha «SIRI Galega». Dende o concello consideran importante participar en todo aquelo que fomente a nosa lingua.

O obxectivo este ano e que as diversas actividades se leven a cabo nos diferentes barrios de Xinzo, e non so nos sitios habituais. Incluso cabe a posibilidade de que haxa «cines de verán», o aire libre, nos pobos da contorna con mais habitantes, para así dinamizar e ofrecer ocio e cultura o maior número posible de veciños e veciñas.
Xa en Agosto, haberá diversas actividades para os mais cativos, e xa como remate do programa a 24ª edición da Festa do Esquecemento. Onde dende a asociación remarcan que participaran entre 600 e 700 persoas na representación histórica castrexo-romana. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Concerto de fin de curso do Conservatorio
Dende A Limia Concerto de fin de curso do Conservatorio
Como o texto proporcionado é moi breve e contén apenas un título e unha mención a unha galería, o resumo limítase á información contida nesa breve frase: A noticia informa sobre a celebración do concerto de fin de curso no conservatorio, destacando a existencia dunha galería de fotos que documenta o evento.
19 de junio de 2026 1 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
Alerta de fraude: Campaña de smishing que suplantan á AEAT
Dende A Limia Alerta de fraude: Campaña de smishing que suplantan á AEAT
Detectouse unha campaña de estafa mediante smishing (mensaxes de texto fraudulentas) onde criminais intentan hacerse pasar pola Axencia Tributaria (AEAT). O fraudador envía un enlace falso para que a vítima acceda a un suposto comunicado emitido pola institución. Como identificar a mensaxe falsa Existen tres elementos clave para distinguir este fraude dunha comunicación auténtica: URLs sospeitosas: A web oficial da Axencia Tributaria sempre termina en .gob.es ou .es. As estafas utilizan exten…
27 de mayo de 2026 2 min lectura