← Volver Dende A Limia

O vandalismo chegou ao CDR O Viso

O vandalismo chegou ao CDR O Viso

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 Nun día tan sinalado, este domingo 14 de xullo, polos éxitos deportivos a nivel estatal a nós tocounos encaixar a derrota que supón atoparmos que o vandalismo fixera acto de presencia no noso pobo e contra o noso patrimonio. Contra o coidado que poñemos no que facemos con entusiasmo. Contra o gozo que nos procura prestar atención ó que está na nosa contorna.
E si, sabemos que hai quen escolle coidar e hai quen se dedica a danar; quen tende a man e sabe do necesario apoio mutuo e quen padece unha vida desvinculada dos demais e da contorna ignorando que isto empeóranos moito (tanto, que é ignorar que odiar é odiarse e que o odio ven a ser algo así coma tomar veleno e esperar que morra o outro). Non é un problema menor porque seguramente comportamentos así denotan problemas de saúde mental, de desequilibrio.Xa nos diredes que sentido ten dedicarse a romper, arrincar e facer desaparecer algúns indicadores coa explicación e os códigos qr do xogo de pistas. A comezos do mes de xuño foi a pista nº 3.  No primeiro fin de semana de xullo a nº 4 e na noite deste sábado ou madrugada do domingo a nº 1 e a explicación da actividade coas indicacións para a súa realización.

No ano 2021 e con este titular, “Pobo – escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo. Unha proposta actualizada con códigos qr” contabamos esta nova: Esta é unha oferta máis do CDR para coñecer o noso medio rural, a nosa cultura concreta e particular. Contra a indiferenza, o desprezo e a condena dos saberes que endexamais foron valorados, como moitas culturas dos olvidados e excluídos fronte á imposición dun modelo cultural presentado como universal, queremos realzar estas diferenzas que nos fan singulares (en todos e cada un dos lugares) porque a pluralidade enriquécenos. A veces só necesitamos que alguén nos axude a mirar.Esta actividade, un xogo para todas as idades, consiste en facer un percorrido polo pobo de Lodoselo seguindo un itinerario con paradas ao longo de 12 puntos, seguindo as pegadas, nas que están colocadas uns códigos qr.O obxectivo principal é pasalo ben con esta proposta; adornar o pobo con xente e á vez ofrecer que se coñeza este mundo no que vivimos. En cada un dos 12 puntos do percorrido hai unha placa no que están indicados o número da pegada e un código qr.Ó longo destes últimos anos con este material e antes con indicacións, papeis e mensaxes escondidos que colocabamos e recolliamos cada vez que queriamos facer esta actividade, moitos grupos adornaron as rúas do pobo coa súa presenza e pasaron momentos que lembramos coma gozosos.Conseguimos que o Concello de Sarreaus nos financiara a colocación destas placas e ademais dos grupos que participan nas nosas actividades outros visitantes téñennos sorprendido porque os atopamos facendo este xogo de pistas –sobre todos en fins de semana-.Toca repoñerse.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
Dende A Limia O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
O Antela logrou unha vitoria decisiva ante o Betanzos no estadio García Hermanos, un resultado que lle permite avanzar na competición grazas a unha estratexia táctica eficiente e ao protagonismo de pezas clave. Estratexia e desenvolvemento do partido A clave do triunfo residiu na xestión táctica do adestrador Bruno Gómez, quen introduciu a Couto no medio campo para neutralizar o xogo do rival e ofrecer soporte á liña defensiva composta por Boán e Constela. O equipo limiano apostou por un model…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
Dende A Limia Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
O CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei celebraron a súa primeira Feira da Ciencia, un evento que serviu para amosar os resultados do traballo realizado polo Club de Ciencias ao longo do curso escolar. A iniciativa foi impulsada polo profesor Manuel Lamoso, que promoveu unha metodoloxía baseada na experimentación e na aprendizaxe práctica. Durante o ano, o alumnado de ambos os centros participou semanalmente en actividades científicas organizadas en equipos de diferentes cores (vermello, amar…
2 de junio de 2026 1 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura