← Volver Dende A Limia

Luis Menor obtén o apoio do 93,74 % dos compromisarios

Luis Menor obtén o apoio do 93,74 % dos compromisarios

Fotografía de arquivo. A Limia News.

(O Pereiro de Aguiar, 1964) foi proclamado hoxe como novo presidente do Partido Popular de Ourense co apoio do 93,74 % dos 575 compromisarios que participaron no 19º Congreso provincial extraordinario do PP ourensán, celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz da capital coa presenza dos presidentes galego e nacional, Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo.

Menor afirmou que hoxe pon “a cero” toda a súa bagaxe profesional e política, destacando que, ao igual que en Galicia, “en Ourense fixemos tamén unha transición modélica”. A partir deste momento pediu ao novo equipo manter a unidade como bandeira e dixo ter como obxectivo conseguir a máis ampla base, comprometéndose a manter sempre abertas as portas a todos os que queiran participar: “Aquí cabe todo o mundo para colaborar e achegar, estiveran antes ou sexan novas incorporacións”.
O xa presidente estableceu unha folla de ruta política na que deixou claro que as urnas concedéronlle ao PP a bandeira da representatividade na provincia: “E imos defendela, demostrando que non aceptamos vetos de ningunha forza política”, emprazando aos novos representantes do PP a “non fallar a Ourense”, ademais de pedir “traballo e rigor na cidade fronte ao populismo”.
Nesa defensa dos ourensáns, o presidente emprazou aos representantes do Partido Popular provincial, que hoxe tamén asumiron unha responsabilidade, a que “escoiten e dialoguen, única fórmula do bo traballo, como demostramos cando, doutro lado da mesa, tamén atopamos escoita, diálogo e consenso”.
TRASLADAR A TODA A ORGANIZACIÓN NA PROVINCIA A ESTABILIDADE QUE ESTE CONGRESO OUTORGA AO PARTIDO
Como “declarado municipalista”, tamén desde a súa condición de alcalde, advertiu que o mundo local é a base de todos os éxitos, de calquera formación que aspire a gobernar e conseguir a confianza da xente: “Nós temos esa confianza, pero non en propiedade; temos que ser a solución e nunca o problema”.
Entre os primeiros retos que estableceu citou “trasladar a toda a organización na provincia a estabilidade que este congreso outorga ao partido”, poñendo xa o foco nas eleccións municipais de maio de 2027 para estar perfectamente preparados, especialmente “alí onde non gobernamos; e cando hai candidato e programa, a xente escolle o PP”.
“AFÁN COLABORADOR” COAS ADMINISTRACIÓNS
Como partido que máis se parece a Ourense, indicou, “saberemos das súas necesidades e poderemos ofrecer solucións”, lembrando neste punto a resposta que o PP foi quen de dar na cidade “fronte aos populismos baleiros de contido durante as eleccións autonómicas”, en referencia aos 12 compromisos asinados por Alfonso Rueda e Luis Menor.
Nesta liña abondou no afán de colaboración institucional do PP de Ourense, “que exerce con convicción alí onde goberna”, poñendo tamén como exemplo a capacidade de acordo entre a Deputación e Xunta para definir unha vintena de apostas concretas en proxectos estratéxicos para a provincia.
AGRADECIDO POLO APOIO DOS COMPROMISARIOS, Á FAMILIA E OS LÍDERES GALEGO E NACIONAL
Luis Menor tamén reservou no seu discurso un amplo capítulo para os gradecementos, que iniciou dando as grazas aos 539 compromisarios que apoiaron a súa candidatura.
Ademais de ter emotivas palabras para a súa familia, tamén agradeceu á militancia a súa presenza “pola imaxe de mobilización que transmitides e que dá unha boa medida da nosa enorme forza política”.
O presidente do PPdeOU puxo en valor a amizade persoal con Alfonso Rueda, “que apostou pola miña candidatura”, dirixíndose tamén a Alberto Núñez Feijóo para lembrar que lle prometera que Ourense non ía fallar nas autonómicas, “e non fallou”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
Dende A Limia Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
A vila de Celanova volta a ser o epicentro da danza con unha nova edición do Festival “Baila Conmigo”, o certame máis lonxevo da súa categoría na Península Ibérica. Esta edición de 2026 contará coa participación de 28 compañías, grupos e solistas de oito nacionalidades diferentes, destacando a presenza da prestixiosa compañía italiana Tropical Gem. O alto nivel artístico do evento está garantido polo palmarés dos seus participantes, que acumulan múltiples títulos mundiais, europeos e nacionais.…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Laura Penín Santiago fai historia como a primeira muller graduada en vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia
Dende A Limia Laura Penín Santiago fai historia como a primeira muller graduada en vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia
Laura Penín Santiago, natural de Xinzo de Limia, converteuse na primeira muller en graduarse nun instrumento de vento metal no Conservatorio de Xinzo de Limia tras rematar os seus estudos de trompeta o pasado venres. Este logro é o resultado dun esforzo de dez anos de formación. Durante o seu último curso, Laura tivo que compaginar a súa vida universitaria na Coruña coa súa formación musical nos fins de semana, un desafío que superou para alcanzar o seu obxectivo. A trompetista destacou a desi…
22 de junio de 2026 1 min lectura