← Volver Dende A Limia

O BNG Trasmiras esixirá un pleno extraordinario ante a grave situación xudicial que compromete ao goberno municipal.

O BNG Trasmiras esixirá un pleno extraordinario ante a grave situación xudicial que compromete ao goberno municipal.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O grupo municipal do BNG de Trasmiras, solicitará a celebración dun Pleno extraordinario de urxencia no concello de Trasmiras, á luz dos recentes acontecementos xudiciais que comprometen ao equipo de goberno do concello.
 
“Non acreditamos na xudicialización da actividade política e sempre nos cinximos estritamente
ao ámbito político”, tal como sinala a voceira nacionalista de Trasmiras. O BNG tiña solicitado
reiteradamente información en diferentes Plenos ao redor dos supostos ilícitos que levaron a
actuar á fiscalía a investigar as diversas situacións irregulares do concello. “Dende o BNG
solicitamos en diversos Plenos explicacións ante unha serie de expedientes e pagos que
consideramos irregulares e dos que non obtivemos información por parte do actual rexedor”.
 
Para o BNG é no ámbito político onde se deben resolver este tipo de problemas. Por iso ante ás actuacións dos axentes da fiscalía na casa consistorial de Trasmiras, por uns supostos delitos
de seria gravidade, que xustificaría dita intervención, insistimos en que é no ámbito institucional e político onde se deben clarificar polo ben da veciñanza, a xestión que se fai dende o concello por parte dos representantes políticos.
 
O grupo municipal do BNG de Trasmiras agarda que “os supostos ilícitos de malversación de
fondos públicos e prevaricación, supostamente cometidos polo actual alcalde de Trasmiras,
sexan resoltos debidamente e coa máxima dilixencia polas autoridades polo ben do concello.”
 
Por elo, esiximos ao rexedor que dé as debidas explicacións públicas no ámbito da súa responsabilidade, polo que debe comparecer ante o Pleno municipal, razón pola que solicitaremos un pleno extraordinario de urxencia, no que responda as preguntas e dúbidas que suscita a súa xestión política.
 
 Ademais de solicitar o pleno extraordinario e de urxencia, esixiremos que se nos dé acceso aos
expedientes que suscitaron a investigación e intervención da fiscalía en Trasmiras.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
Dende A Limia Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
No centro "A Abelliña azul - O Mel da Inés", realizouse unha xornada de aprendizaxe vivencial dirixida a nenos e familias, centrada no mundo das abellas e o ecosistema arredor. A actividade consistiu nunha serie de xornadas didácticas que incluíron: Contacontos e explicacións sobre o funcionamento das colmeas, o mel e o pole. Observación da cera e degustación de diferentes tipos de mel. Visita guiada ao bosque autóctono galego e observación directa das colmeas. O obxectivo principal…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
Demolición dun inmoble ilegal no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Dende A Limia Demolición dun inmoble ilegal no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) iniciou os traballos de demolición dun inmoble construído ilegalmente en solo rústico no concello de Lobios. Esta medida busca a recuperación dun espazo protexido dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, mediante a intervención supervisada pola directora da APLU, Mª Victoria Núñez. A construción, que funcionaba como un mesón-ciber-pub, carecía de autorización autonómica e resultou incompatible co ordenamento urbanístico vixent…
18 de junio de 2026 1 min lectura
Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Dende A Limia Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Un equipo de documentalista composto por Manuel Calviño, Paula Cereixo e Lucas Terceiro (da produtora Tres Ínsuas) está a realizar un proxecto audiovisual centrado na historia das tecedeiras galegas. O obxectivo é recuperar a memoria viva desta tradición mediante os relatos de persoas que vivenciaron a época en que o cultivo e procesamento do liño era unha actividade fundamental nas familias. No marco deste documental, xa se realizaron gravacións importantes: En Lodoselo: Graváronse os relatos…
22 de junio de 2026 2 min lectura