← Volver Dende A Limia

O BNG reaccionou en 24 horas ás declaracións de Moncho Gómez

O BNG reaccionou en 24 horas ás declaracións de Moncho Gómez

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Bloque Nacionalista Galego, que ten exercido unha labor de responsable oposición baseada no seguimento da xestión do Grupo de Goberno de Xinzo e na achega constante de propostas de mellora ou iniciativas de marcado interese público e veciñal ó longo do último ano, asiste con fonda preocupación ás declaracións emitidas polo Concelleiro de Obras e Urbanismo ante a prensa no día 5 de xullo.
Ante isto, o BNG, a través do seu voceiro municipal, Camilo Vila, e do vicevoceiro, Manuel Pozo, manifesta:
– Esiximos a estabilidade institucional que require a xestión do Concello polo que é absolutamente urxente aclarar cal é a situación do Grupo de Goberno.
– Observamos con indignación, aínda que sen sorpresa, a traizón do Partido Popular ó Concello de Xinzo ó non asumir os compromisos adquiridos.
– Denunciamos o abandono que o Partido Popular, a través da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, profesa a Xinzo de Limia, coa complicidade dos seus deputados e deputadas.
– Recordamos que a situación de extrema gravidade financeira do Concello se xerou baixo o mandato do propio Partido Popular en Xinzo.
– Lamentamos a falta de liderado e capacidade de xestión do alcalde do Concello de Xinzo de Limia, totalmente ausente nas cuestións de interese social, carente de equipo e plan de traballo e entregado ós desexos e mandos do Partido Popular.
Por todo o anterior, o Bloque Nacionalista Galego de Xinzo de Limia esixe a convocatoria dun Pleno Extraordinario con carácter urxente.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
Dende A Limia Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
A xira musical que busca acercar a cultura aos centros sociais das zonas rurais rematou este domingo en Pena, despois de percorrer diversas localidades como Piñeira Seca, San Pedro, Morgade, Laroá, Ganade, Gudín, Baronzás e a Casa dos Mestres de Trasmiras. A iniciativa contou co apoio de Jose Luis Tielas, director da Agrupación Musical da Limia, e do concelleiro de Cultura, Carlos Gómez. O obxectivo principal do proxecto é reafirmar a importancia da cultura no ámbito rural e fomentar a part…
8 de junio de 2026 1 min lectura
As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
Dende A Limia As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situar …
9 de junio de 2026 2 min lectura
Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
Dende A Limia Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
O CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei celebraron a súa primeira Feira da Ciencia, un evento que serviu para amosar os resultados do traballo realizado polo Club de Ciencias ao longo do curso escolar. A iniciativa foi impulsada polo profesor Manuel Lamoso, que promoveu unha metodoloxía baseada na experimentación e na aprendizaxe práctica. Durante o ano, o alumnado de ambos os centros participou semanalmente en actividades científicas organizadas en equipos de diferentes cores (vermello, amar…
2 de junio de 2026 1 min lectura