← Volver Dende A Limia

A Xunta e a Deputación volven a comprometerse co regadío da Limia

A Xunta e a Deputación volven a comprometerse co regadío da Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O despacho do presidente da Xunta acolleu esta mañá unha reunión na que participaron o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; e representantes da Comunidade de Regantes da Limia, co seu presidente á cabeza, Amador Saborido.
Ao remate do encontro, que todos os participantes calificaron como positivo, o presidente provincial afirmou que o proxecto da modernización do regadío da Limia 
Trátase dunha obra que, con todos os custes  aproxímase aos 50 millóns, investimento moi importante onde están implicados o Goberno Central e a Xunta,  e onde colabora a Deputación para aportar os recursos necesarios para culminala, o que dará lugar a 4.000 hectáreas de regadío nunha comarca senlleira e eminentemente agrícola.
Menor relatou que había certas dificultades porque o Goberno Central négase a asumir certos costes como o IVE, “algo que xa fixo noutros lugares, e reclamarémolo. Como non podemos poñer en perigo ese proxecto, damos a garantía de que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes se finalmente o Goberno Central non os asume”, proclamou o presidente provincial. “Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”.
Compromiso firme
Neste senso, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, subscribiu as palabras de Menor e manifestou que o compromiso de Alfonso Rueda e da Xunta de Galicia é claro e notorio, “proba delo son as inversión que levamos feita case 7 millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, imprescindible para acometer a modernización do regadío da Limia”.

“é un proxecto estratéxico no ámbito rural para Galicia e sobre todo para a provincia de Ourense”.

Así, a directora xeral recalcou que “por iso solicitamos ao Goberno Central que se comprometa. Se fan un esforzó e teñen vontade, poden asumir o IVE, así como facilitar trámites administrativos para poder ampliarse e chegar a máis puntos. A Xunta vai estar sempre ao carón dos regantes”.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de regantes, Amador Saborido, sinalou que “esta viaxe a Santiago foi máis que satisfactorio”, lembrando que A Limia “é a comarca agrícola máis importante de Galicia, non debemos deixar pasar esta oportunidade. Sen o apoio da Xunta e a Deputación este proxecto poderíase tambalear. Esta obra suporá un antes e un despois para a nosa comarca agrícola”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia comunicou o resultado do III Certame Literario Antón Tovar, no que o xurado decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Raiz de pereira” de María Carmen Gómez García. A autora, profesora xubilada de Lingua Galega e Literatura con longa traxectoria na comarca, recibirá un premio de 600 euros e a publicación da súa obra na revista Tempos Novos. A entrega do galardón terá lugar o sábado 20 de xuño ás 19:30 horas no Museo da Limia. O acto contará cun programa que inclúe …
15 de junio de 2026 1 min lectura
Resumo deportivo do A.B. Xinzo
Dende A Limia Resumo deportivo do A.B. Xinzo
Finais da Copa Deputación (Veteranos) O pasado sábado disputáronse as finais da Copa Deputación para equipos veterans no pavellón Paco Paz. O equipo masculino do A.B. Xinzo rematou a competición como subcampeón tras derrotarse ante o C.B. Imprenta. O equipo feminino tamén protagonizou unha final moi axustada, perdendo polo marcador de 23-24 contra o C.B. Val de Lemos. O desenvolvemento do xogo viuse afectado polas altas temperaturas e as condicións da pista, o que dificultou o rendemento e res…
15 de junio de 2026 1 min lectura
Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e do CIM, lanzou o programa gratuíto 'Summer in English'. Esta iniciativa busca facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo un espazo de aprendizaxe de lingua inglesa e lecer para os máis xoves. Información clave do programa: Prazas: Dispoñibe un total de 20 cupos. Idades: Dirixido a menores de entre 3 e 16 anos. Calendario e horario: Des…
22 de junio de 2026 1 min lectura