← Volver Dende A Limia

Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia

Nova campaña de conciliación 'Summer in English' en Xinzo de Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e do CIM, lanzou o programa gratuíto ‘Summer in English’. Esta iniciativa busca facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo un espazo de aprendizaxe de lingua inglesa e lecer para os máis xoves.

Información clave do programa:

  • Prazas: Dispoñibe un total de 20 cupos.
  • Idades: Dirixido a menores de entre 3 e 16 anos.
  • Calendario e horario: Desenvolverase nos meses de xullo e agosto, nun horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas.

Procedemento de inscrición:

O prazo para presentar as solicitudes comerza hoxe e permanecerá aberto ata o xoves 25 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse mediante:

Nota importante: As familias que xa forman parte do programa ‘Concilia Verán’ serán contactadas por teléfono o vindeiro venres 26 de xuño para a confirmación da súa praza.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia reforza a vixilancia ante a onda de roubos de material de regadío
Dende A Limia Xinzo de Limia reforza a vixilancia ante a onda de roubos de material de regadío
O Concello de Xinzo de Limia celebrou este venres unha reunión de urxencia para frear a recente vaga de furtos de equipos de regadío que está a prexudicar gravemente aos agricultores da comarca. Ao encontro, presidido polo alcalde Amador Díaz, asistiron representantes da Garda Civil, da Policía Local, o concelleiro Ramón Gómez e varios produtores afectados. O obxectivo principal foi deseñar unha estratexia conxunta para protexer as explotacións, que son un motor económico fundamental para o mun…
28 de junio de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña
Dende A Limia Xinzo de Limia presenta unha programación estelar para as festas de Santa Mariña
O Concello de Xinzo de Limia celebrará as festas na honra a Santa Mariña entre os días 16 e 20 de xullo, cun cartel que combina tradición popular e concertos de artistas internacionais na explanada do Toural. Durante cinco días, a vila converterase no epicentro festivo da comarca da Limia cunha axenda pensada para todos os públicos. A programación detallada é a seguinte: Xoves 16: Arrancan as festas coa orquestra Origen e a actuación estelar do artista internacional Henry Méndez. Venres 17: X…
29 de junio de 2026 2 min lectura
O calendario laboral de Galicia para 2027: festivos, pontes e datas clave
Dende A Limia O calendario laboral de Galicia para 2027: festivos, pontes e datas clave
A Xunta de Galicia xa fixou os días festivos para o ano 2027 a través dun decreto publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). O calendario inclúe un total de 14 festas, entre as que destacan as celebracións autonómicas propias de San Xosé e o Día das Letras Galegas. O calendario laboral galego configúrase sumando as festas nacionais obrigatorias e as elixidas pola administración autonómica. Ademais, cada concello deberá engadir dúas xornadas festivas de carácter local para completar o an…
2 de julio de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser