← Volver Dende A Limia

Estamos moi satisfeitos polo éxito da 2ª edición (Oscar Pena)

Estamos moi satisfeitos polo éxito da 2ª edición (Oscar Pena)

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O sábado ao longo de toda a mañá os 38 participantes no torneo de xadrez tiveron que enfrontarse a 5 contrincantes, segundo as normas inglesas, que seguen os organizadores. Dúas foron as categorías, Adultos e Mozos.
DE TODA GALICIA E PORTIUGAL
De toda Galicia e ata de Portugal achegáronse xogadores e xogadoras dun deporte co que a Asociación ALGARIA, están moi satisfeitos de organizar, posto que é unha das poucas disciplinas máis inclusivas que se poden atopar.
O campión do grupo «A» (maiores) foi Medrade que gañou as cinco partidas. Segundo clasificado foi Armando empatado co terceiro Charli a catro partidas gañadas.

Momentos do torneo de xadrez
No grupo «B» xuvenís o que quedou primeiro clasificado foi Tristán que tamén gañou as 5 partidas disputadas, seguíndolle na clasificación Pura e Pablo Santás con catro vitorias cada un.
Dentro dos participantes do grupo A pertencentes a Limia estiveron participando Asier, C. Perez e Izquierdo que quedaron 10-11 e 13 respectivamente, pero con moitas gañas de adestrar durante todo o ano para acadar unha mellor clasificación na vindeira edición.
Colaboraron coa organización do torneo o club de xadrez Liceo Ourensano-Academia Postal e Melisa Gómez.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Xunta impulsa o programa "Benestar en Balnearios" en Ourense
Dende A Limia A Xunta impulsa o programa "Benestar en Balnearios" en Ourense
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello de Lobios para promocionar a duodécima edición do programa "Benestar en Balnearios". Durante a súa unexpectedly na zona, estivo xunto á alcaldesa, María del Carmen Yáñez, no Hotel Balneario Lobios Caldaria, un dos establecementos beneficiarios desta iniciativa. Detalles da convocatoria e investimento A Consellería de Política Social e Igualdade destina máis de 331.000 euros para financiar estadías en réxime de pensión…
9 de junio de 2026 2 min lectura
A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 360.000 euros en axudas para a cooperación con concellos, destinadas especificamente á execución de proxectos de infraestruturas. Detalle das axudas concedidas: Boborás: 18.000 € para a canalización e ensanche do viario de acceso ao Curro en Feás. Entrimo: 50.000 € para a mellora do tránsito peonil entre A Barreira e Feira Vella. A Gudiña: 34.000 € para a pavimentación en Erosa, Carracedo e na capital do municipio. M…
26 de mayo de 2026 2 min lectura
Miguel Ángel Santalices Vieira nomeado fillo adoptivo de Muíños
Dende A Limia Miguel Ángel Santalices Vieira nomeado fillo adoptivo de Muíños
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu a distinción de fillo adoptivo do Concello de Muíños nun acto que destacou a súa profunda vinculación coa comarca da Baixa Limia e a súa vocación de servizo público. Durante a súa intervención, Santalices reivindicou o valor social e profesional da medicina rural e subliñou o orgullo que sente polo seu orixe en Bande, sinalando que os valores aprendidos na súa terra e na súa familia son os que guían o seu percorrido …
20 de junio de 2026 1 min lectura