← Volver Dende A Limia

​Fin do curso 2023-24 dos Obradoiros de Ximnasia de Mantemento e Memoria

​Fin do curso 2023-24 dos Obradoiros de Ximnasia de Mantemento e Memoria

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O pasado mércores 27 de xuño en Lodoselo puxémoslle o ramo ó curso 2023-24 dos obradoiros de Ximnasia de mantemento e Memoria desenvolvidos nas aldeas de Lodoselo e Freixo (Concello de Sarreaus ambas) ca correspondente entrega de diplomas dos mesmos.
Trátase de dous grupos veciños unidos, participativos e activos que gozan das actividades propostas e sempre están dispostos a aprender outras tantas novas, e non só iso, nós tamén desfrutamos dos momentos de lecer que nos brindan e máis dos seus valores e sabedoría que sempre nos ensinan.Coa XIMNASIA buscamos favorecer o envellecemento activo contendo o deterioro das destrezas motoras que poden aparecer ca idade. Conseguimos isto grazas ó fortalecemento da musculatura global e traballo do equilibrio e flexibilidade, mediante exercicios aeróbicos e anaeróbicos, xogos tradicionais e en equipo e técnicas de relaxación.Coa MEMORIA tratamos de fomentar a capacidade de razoamento, a concentración e a habilidade de resolución de problemas mediante a estimulación das distintas áreas executivas: memoria, atención, pensamento, percepción, cálculo, linguaxe… e mediante distintos medios: desafíos grupais e individuais, xogos, recursos dixitais…A COHESIÓN SOCIAL conseguímola en ambos talleres ó afianzar as relacións interpersoais e favorecer os lazos comunitarios.Esta actividade está enmarcada no programa ALDEAS ACTIVAS financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
Dende A Limia Entrega do XXXV Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”
A Deputación de Ourense celebrou a 35ª edición do Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, un galardón destinado a recoñecer a excelencia profesional, o rigor e o compromiso social na comunicación. O acto foi presidido por Luis Menor, presidente da Deputación, quen destacou a necesidade de defender a información veraz e o espírito crítico nun contexto marcado pola inmediatez dixital e a proliferación de contidos non contrastados. Galardoados e recoñecimentos Premio Honorífico á Traxector…
17 de junio de 2026 2 min lectura
Éxito do Bono Activa Comercio na provincia de Ourense
Dende A Limia Éxito do Bono Activa Comercio na provincia de Ourense
O Grupo Parlamentario Popular destacou a enorme acollida do Bono Activa Comercio na provincia de Ourense, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para fortalecer o comercio de proximidade e o tecido económico local. Impacto económico en Ourense A edición actual arrebatou resultados significativos para a provincia, destacando os seguintes datos: Establecementos adheridos: 897. Bonos descargados: 24.636. Impacto en descontos: 400.000 € mobilizados. Volume de negocio: case 1,7 millóns…
15 de junio de 2026 2 min lectura
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura