← Volver Dende A Limia

O CDR O Viso recibe en Lodoselo ós socios do proxecto europeo Coblages

O CDR O Viso recibe en Lodoselo ós socios do proxecto europeo Coblages

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O futuro dos pobos pasa pola xente. Témolo claro. Agora ben, que xente vai vivir nos pobos dentro de 25 ou 50 anos? E canta xente vai vivir neles?
Todas e todos temos referencias de xente vella nos pobos e o perfil está cambiando. Quen non ten na cabeza unha imaxe dalgunha tía María, tía Olimpia ou tía Maruja encollidiñas, cun pano negro na cabeza e toquilla no inverno? Ou dalgún tío Manoel, ou Luís… Xente con engurras profundas e pel queimada dunha vida ligada á terra e ás vacas. Terían 60, 70 ou 80 anos pero a nós parecíanos que tiñan máis de cen porque estaban no pobo antes de chegar nós. Parecían tan vellas coma a igrexa ou o cruceiro. Hoxe a xente  máis vella das nosas aldeas é diferente. Xente de 80 anos que está moza, xente de 85 que pasea quilómetros ó día, xente de 90 que aínda cava a horta… Vivimos moitos máis anos e con maior calidade de vida.Cambiou case todo. Os hábitos alimentarios, o coidado da saúde, a hixiene, as condicións domésticas, etc. 

E como será o futuro?Non o sabemos. Seguramente naide o saiba.
No ámbito universitario tampouco teñen resposta pero xa se puxeron a traballar nela. Coa Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo á cabeza e da mau da Universidade de Viseu, botou a andar un proxecto europeo para estudar cal é formación da xente moza en cuestións de envellecemento tamén para estudar dende unha óptica interxeracional problemáticas actuais e retos futuros co obxectivo de darlle a resposta máis eficaz. Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense é unha desas institucións participantes. Isto permitiu que o amigo e decano da Facultade de Educación, Xosé Manuel Cid e a amiga e profesora Esther Pérez trouxesen onte a un equipo de profesores e profesoras a Lodoselo para coñecer o proxecto do CDR. Chegaron dende Turquía, Rumanía e Portugal nunha sorte de crisol académico que deixou, unha vez máis, folgos renovados no CDR. A globalización presenta retos que se repiten á vez en moitos outros lugares do mundo e as respostas, sempre locais e adaptadas ó contexto real, infinitas.Nós seremos a tía María, ou o tío Manoel de dentro de 25 ou 50 anos. Como seremos? Como será o pobo? Que servizos imos ter? Cales imos necesitar? O CDR xa está con estas cuestións nos miolos porque a misión é inquebrantable: a vida no rural.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Axudas da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores
Dende A Limia Axudas da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores
A Deputación de Ourense abriu unha nova convocatoria de axudas destinadas a financiar a mellora da accesibilidade e a adaptación de fogares para persoas maiores da provincia. O obxectivo desta medida é promover a autonomía, a seguridade e a calidade de vida deste colectivo, adaptando as súas vivendas ás súas necesidades específicas. Requisitos para a solicitude Para poder optar a estas axudas, os interesados deben cumprir os seguintes criterios: Ter 65 anos ou máis. Estar empadroados nun con…
22 de mayo de 2026 2 min lectura
Sexta edición da Xurés Bike Tour: impulso ao turismo deportivo en Ourense
Dende A Limia Sexta edición da Xurés Bike Tour: impulso ao turismo deportivo en Ourense
A Deputación de Ourense, a través do Inorde e con o apoio da Xunta de Galicia, presentou a sexta edición da Xurés Bike Tour, unha proba de bicicleta de montaña que se celebrará os días 13 e 14 de xuño. O evento terá lugar nos concellos de Bande, Muíños e Lobeira, situados no corazón do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar o turismo deportivo e sostible para dinamizar o territorio e poñer en valor os seus recursos naturais. Segundo o presid…
9 de junio de 2026 2 min lectura
Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
Dende A Limia Celanova acolla unha nova edición do Festival de Baile “Baila Conmigo”
A vila de Celanova volta a ser o epicentro da danza con unha nova edición do Festival “Baila Conmigo”, o certame máis lonxevo da súa categoría na Península Ibérica. Esta edición de 2026 contará coa participación de 28 compañías, grupos e solistas de oito nacionalidades diferentes, destacando a presenza da prestixiosa compañía italiana Tropical Gem. O alto nivel artístico do evento está garantido polo palmarés dos seus participantes, que acumulan múltiples títulos mundiais, europeos e nacionais.…
31 de mayo de 2026 2 min lectura