← Volver Dende A Limia

​50.000 EUROS PARA A PAVIMENTACIÓN DA ALDEA DE CARDEITA NO CONCELLO DE SANDIÁS

No que atinxe ás axudas para o Concello de Sandiás, aprobouse uha axuda de 50.000 Euros para a pavimentación de accesos ao núcleo da aldea de Cardeita.
Os principais traballos executados desenvolvéronse en dous accesos a aldea de Cardeita, concretamente no chamado Barrio dos Perces e no Barrio da Carreira e consistiron na limpeza de salvacunetas e caños existentes, limpeza de cunetas mediante retroexcavadora, limpeza dos bordes laterais dos viais mediante desbroce e eliminación de vexetación, limpeza enérxica do pavimento, reparación total e bacheo mediante grava e rego alfástico, rexeneración do pavimento mediante doble rego asfáltico, nun tramo determinado, pavimento sobre hormigón existente, posta a cota dos pozos a nova rasante da rúa así como reposición dos cercos e reixas.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do equipamento mínimo de infraestruturas de xeito progresivo, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais na medida do posible.

A obra foi licitada e adxudicada a empresa TRANSPORTES Y EXCAVACIONES P. PROL.

Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Dende A Limia A "Casa da Lagoa" de Sandiás participa nas xornadas para impulsar a museoloxía en Ourense
Pepe Gándara, concelleiro de Cultura de Sandiás e coordinador do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, participou nunha serie de xornadas técnicas destinadas a fortalecer e dinamizar o patrimonio cultural da provincia de Ourense. Durante o encontro, presentou o relatorio da "Casa da Lagoa", destacando a súa labor como referente na freely divulgación da memoria e da riqueza natural do complexo húmido Limia/Antela. O programa, desenvolve baixo o lema "Retos compartidos", é unha iniciativa …
19 de mayo de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense destina máis de 360.000 euros a infraestruturas en 13 concellos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de máis de 360.000 euros en axudas para a cooperación con concellos, destinadas especificamente á execución de proxectos de infraestruturas. Detalle das axudas concedidas: Boborás: 18.000 € para a canalización e ensanche do viario de acceso ao Curro en Feás. Entrimo: 50.000 € para a mellora do tránsito peonil entre A Barreira e Feira Vella. A Gudiña: 34.000 € para a pavimentación en Erosa, Carracedo e na capital do municipio. M…
26 de mayo de 2026 2 min lectura
Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
Dende A Limia Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informou sobre a programación das obras de mellora na travesía da N-525. Para a finalización destas infraestruturas, estableceron os seguintes cortes de tráfico: Calendario de afectacións 30 e 31 de maio: Corte total do tramo da Praza Maior para realizar labores de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Corte da plataforma elevada do Pombal para finalizar o aglomerado impreso. Corte do tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a roton…
29 de mayo de 2026 1 min lectura