← Volver Dende A Limia

O BNG ACUSA Ó PP DE QUERER ENGANAR ÓS REGANTES.

O BNG ACUSA Ó PP DE QUERER ENGANAR ÓS REGANTES.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Representantes do Bloque Nacionalista Galego en tódalas Administracións autonómicas xuntáronse en Xinzo para esixirlle ó PP solucións inmediatas para un problema urxente.
O BNG quéixase de que o Partido Popular deixe abandonados ós agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo logo de moitas promesas electorais que “non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir”, di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.O Partido Popular anunciaba recentemente que cambiaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre Deputación provincial e Xunta de Galicia.Sonia Vidal, deputada autonómica do Bng, informou da presentación dunha Iniciativa que será defendia na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego ó tempo que Bernardo Varela fará o propio na Deputación de Ourense.

Camilo Vila defende a urxencia de repostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas ten comezado dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións. O BNG defende a necesidade de medidas comprometidas coa “comarca máis produtiva a nivel agrogandeiro de Galicia” segundo Manuel Pozo, vicevoceiro municipal.
Así as cousas, o responsable comarcal da organización nacionalista, Marcos Nogueiras, declara a vontade do Bloque de apelar a tódalos parlamentos: “defenderemos ós labregos e labregas nos concellos, na Deputación, na Xunta, no Estado e en Europa”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Celebración do Día das Letras Galegas no Punto de Atención Infantil de Sandiás
Dende A Limia Celebración do Día das Letras Galegas no Punto de Atención Infantil de Sandiás
O Punto de Atención Infantil de Sandiás celebrou o Día das Letras Galegas cunha xornada educativa e cultural dirixida a nenos e nenas de entre 0 e 2 anos e ás súas familias. A actividade principal consistiu no concerto "O Son do Ar", un recital de violín e violonchelo deseñado como unha experiencia sensorial. Durante a actuación, os pequenos puideron observar de cerca os instrumentos e ter a oportunidade de tocálos, fomentando a curiosidade e a proximidade coa música. Complementando a parte mu…
16 de mayo de 2026 1 min lectura
Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
Dende A Limia Finalización da xira musical nas parroquias da Limia
A xira musical que busca acercar a cultura aos centros sociais das zonas rurais rematou este domingo en Pena, despois de percorrer diversas localidades como Piñeira Seca, San Pedro, Morgade, Laroá, Ganade, Gudín, Baronzás e a Casa dos Mestres de Trasmiras. A iniciativa contou co apoio de Jose Luis Tielas, director da Agrupación Musical da Limia, e do concelleiro de Cultura, Carlos Gómez. O obxectivo principal do proxecto é reafirmar a importancia da cultura no ámbito rural e fomentar a part…
8 de junio de 2026 1 min lectura
A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
Dende A Limia A importancia de vivir nunha contorna que alimente a nosa identidade
Preparación da horta en Lodoselo En Lodoselo iniciáronse as tarefas de preparación da horta utilizando bancos de cultivo elevados. Este sistema permite crear un espazo accesible, facilitando a participación de todas as persoas de forma cómoda e segura. A actividade ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e o contacto co medio natural, ao tempo que traballa aspectos fundamentais como a motricidade, a coordinación, a estimulación cognitiva e a autonomía dos participantes. Esta labor es…
29 de mayo de 2026 1 min lectura