← Volver Dende A Limia

Encontros de S.Juan en Parada de Ribeira

Encontros de S.Juan en Parada de Ribeira

Fotografía de arquivo. A Limia News.

É tradición na Asociación Escola Rural De Saúde dá Limia organizar encontros na  contorna para á celebración da Noite de San Juan. Nesta ocasión foi no Centro Social de Parada de Ribeira no Concello de Xinzo de Limia onde se reuniron mulleres das diversas “Escolas de Saúde” para conmemorar o solsticio de verán, o día máis longo do ano. 

Segundo a tradición celta é a noite para atraer o amor e a fertilidade. Na asociación realízanse encontros comunitarios onde as persoas maiores son as transmisoras dos costumes populares como aceno de identidade do rural. A auga, o lume, a terra e o aire sempre forman parte da nosa cultura, da esencia da vida que nos atopa e permite a continuidade, de potenciar as nosas fortalezas e de seguir apoiándonos. Recóllense plantas medicinais relacionadas tradicionalmente con Galicia como parte da súa cultura, tamén se percorren sete fontes da zona e recóllense as súas augas, cántase ao son das gaitas e pandeiretas das mulleres e cocíñanse alimentos que posteriormente degustamos. Unha vez máis, as mulleres de ERSL son axentes promotores de saúde e benestar e dinamizadoras do rural.

Escoitar

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Bendito «colapso» en Xinzo
Dende A Limia Bendito «colapso» en Xinzo
Seguen as obras de asfaltado da arteria principal de Xinzo, onde as máquinas e os camións non paran, para rematar, como estaba programado a primeira parte correspondente ao centro neurálxico da vila, no tocante ao asfaltado e aglomerado en quente. Paree que o tempo vai axudar a que o domingo pola mañá a imaxe da arteria principal da vila teña outro aspecto mais axeitado ao século 21.
15 de mayo de 2026 1 min lectura
Compromiso coa protección ambiental e a sostibilidade en A Limia
Dende A Limia Compromiso coa protección ambiental e a sostibilidade en A Limia
A comarca de A Limia, caracterizada pola súa biodiversidade, os seus recursos hídricos, a agricultura e o seu patrimonio natural, enfróntase actualmente a desafíos ambientais críticos. Entre os principais retos destacan o cambio climático, a perda de biodiversidade, a xeración excesiva de residuos e o uso irresponsable dos recursos naturais. Ante esta situación, o CDR desenvolve accións para promover o coidado do medio ambiente, centradas na sensibilización, o consumo responsable, a recicla…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
Dende A Limia Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron a adhesión ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten súa orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como un motor para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situ…
9 de junio de 2026 2 min lectura