A comarca de A Limia, caracterizada pola súa biodiversidade, os seus recursos hídricos, a agricultura e o seu patrimonio natural, enfróntase actualmente a desafíos ambientais críticos. Entre os principais retos destacan o cambio climático, a perda de biodiversidade, a xeración excesiva de residuos e o uso irresponsable dos recursos naturais.
Ante esta situación, o CDR desenvolve accións para promover o coidado do medio ambiente, centradas na sensibilización, o consumo responsable, a reciclaxe e a participación da comunidade. O obxectivo é fortalecer a conciencia ambiental e transitar cara a un modelo de desenvolvemento máis sostible que preserve a contorna.
Para garantir o futuro da comarca, se subliña a importancia de que a cidadanía adopte certas medidas de responsabilidade compartida:
- Aforro de auga.
- Redución e reciclaxe de residuos.
- Respecto polos espazos naturais.
- Participación activa no coidado da comunidade.
A preservación do patrimonio natural de A Limia depende do compromiso colectivo para asegurar unha zona máis verde e respectuosa co seu ecosistema.