← Volver Diario do Limia

O BNG esixe ao Goberno da Xunta maior implicación cos regantes da Limia

O BNG esixe ao Goberno da Xunta maior implicación cos regantes da Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Representantes do Bloque Nacionalista Galego en todas as Administracións autonómicas reuníronse en Xinzo para esixir ao PP solucións inmediatas para un problema urxente. O BNG quéixase de que o Partido Popular abandona aos agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo despois de moitas promesas electorais que «non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir», di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.

O Partido Popular anunciou recentemente que modificaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Sonia Vidal, deputada autonómica do BNG, informou da presentación dunha iniciativa que será defendida na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego, mentres que Bernardo Varela fará o propio na Deputación de Ourense.

Camilo Vila defende a urxencia de respostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas comezou dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións. O BNG defende a necesidade de medidas comprometidas coa «comarca máis produtiva a nivel agrogandeiro de Galicia» segundo Manuel Pozo, vicevoceiro municipal.

Camilo Vila e Manuel Pozo.

Así as cousas, o responsable comarcal da organización nacionalista, Marcos Nogueiras, declara a vontade do Bloque de apelar a todos os parlamentos: «defenderemos aos labregos e labregas nos concellos, na Deputación, na Xunta, no Estado e en Europa».

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Cortes de tráfico na N-525 en Xinzo de Limia por obras de asfaltado
Diario do Limia Cortes de tráfico na N-525 en Xinzo de Limia por obras de asfaltado
O Concello de Xinzo de Limia anunciou unha serie de cortes de tráfico na travesía da N-525 debido aos traballos de execución de aglomerado impreso e asfaltado que se están a realizar na localidade. As afectacións desenvolveránse desde o sábado 30 de maio ata o venres 5 de xuño, divididas en dúas fases: Fin de semana do 30 e 31 de maio: Corte no tramo á altura da Praza Maior para realizar tarefas de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Ampliación dos cortes en dous puntos: Peche …
29 de mayo de 2026 1 min lectura
Acordo para a reforma das prazas de abastos en Carballiño e Xinzo de Limia
Diario do Limia Acordo para a reforma das prazas de abastos en Carballiño e Xinzo de Limia
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Ourense e os concellos de Carballiño e Xinzo de Limia para a reforma e mellora das súas prazas de abastos. Este acordo, enmarcado no Plan de impulso da Rede de Mercados Excelentes, contará cunha inversión conxunta próxima aos 1,3 millóns de euros. Modelo de financiamento: As axudas para estas actuacións se repartirán da seguinte forma: 70% a cargo da Consellería da Xunta de G…
19 de mayo de 2026 2 min lectura