← Volver Diario do Limia

FOTOGALERÍA | Unha fin de semana en 100 imaxes

FOTOGALERÍA | Unha fin de semana en 100 imaxes

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Arrincamos este resumo da fin de semana na Praza da Música, onde o pasado venres tiña lugar o concerto de fin de curso onde se despediu o ano académico, e con el, a media ducia de alumnos do Conservatorio de Xinzo de Limia que superaron o grao profesional. 
Ao protocolario acto de despedida asistiron o alcalde, Amador Díaz; o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez Salgado de Vedmar, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Martínez Marra. Pouco antes de que dera comezo o concerto ao aire libre, o parque do Toural e a Praza Maior acolleron unha exhibición de Capoeira. 
O sábado e o domingo foi a quenda do deporte, por partida dobre e co A.B. Xinzo de baloncesto como organizador das dúas convocatorias. O II Clinic de Adestradores e a XII edición do Torneo Internacional de Minibásket «Vilas» deron unha deportiva vida ao pavillón polideportivo de Xinzo nesta fin de semana. 

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
A Limia: Identidade, Historia e Patrimonio
Diario do Limia A Limia: Identidade, Historia e Patrimonio
Contexto e Xeografía A Limia é unha unidade cultural e administrativa situada no sur da provincia de Ourense. Está formada por once municipios: Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. A comarca conta cunha poboación aproximada de 20.000 habitantes, sendo a vila de Xinzo de Limia o seu principal motor comercial e administrativo, coa súa maioría de residentes. Mitoloxía e Paisax…
24 de mayo de 2026 3 min lectura
La Asociación Civitas Limicorum roza los 700 socios de cara a la XXVI Festa do Esquecemento | NOTICIAS XINZO
Diario do Limia La Asociación Civitas Limicorum roza los 700 socios de cara a la XXVI Festa do Esquecemento | NOTICIAS XINZO
La Asociación Civitas Limicorum celebró este viernes su primera asamblea de socios del año, un encuentro que sirvió como punto de partida oficial para la organización de la XXVI Festa do Esquecemento. La reunión contó con la asistencia de unas 200 personas y sirvió para certificar el crecimiento de la entidad, que en la actualidad se sitúa cerca de alcanzar la cifra histórica de 700 asociados. Durante el desarrollo de la sesión, el presidente de la asociación, Marcos Argibay, destacó la tray…
23 de mayo de 2026 2 min lectura
Víctor F. Freixanes recoñecido co Premio de Xornalismo Carlos Casares en Xinzo de Limia
Diario do Limia Víctor F. Freixanes recoñecido co Premio de Xornalismo Carlos Casares en Xinzo de Limia
A vila de Xinzo de Limia foi a sede da entrega do Premio de Xornalismo Carlos Casares, un galardón que nesta edición concederon a Víctor F. Freixanes. O premio recoñece a súa destacada traxectoria como escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega, consolidándoo como unha figura de referencia na cultura galega contemporánea. O acto contou coa asistencia de representantes institucionais, persoas do sector cultural e a veciñanza local. A cerimonia non só serviu para distinguir o labor d…
30 de mayo de 2026 1 min lectura