← Volver Dende A Limia

Toda unha vida dedicada ao concello de Sandiás

Toda unha vida dedicada ao concello de Sandiás

Fotografía de arquivo. A Limia News.

  Natural de Vilariño das Poldras, Xavier Cabrera empezou a traballar no concello no ano 1984 no Rexistro Civil. 35 anos no Rexistro Civil do concello e 5 anos encargado de obras.

Cando un traballo se fai por vocación é menos traballo e iso é o que se demostra tamén cando desfrutas do teu labor fronte o público. Así o fixo Xabier no día a día en Sandiás. Agora tócalle descansar e desfrutar da vida. Xabier agradece a todos os compañeir@s na casa do Concello que lle facilitaron o traballo e tamén a todos os veciñ@s do Concello de Sandiás. No nome do Concello, traballadores e veciños, o alcalde Felipe Traveso agradeceu os corenta anos de traballo encomiando o seu labor e a súa fidelidade, contando incluso algunhas anécdotas curiosas do seu periplo vital.
Ata este momento, despois dunha longa traxectoria, el atendeu aos demáis con moita tranquilidade e sendo moi sociable coa xente e agora tocalle coidarse e consentirse a se mesmo. E nós coa súa testemuña quedámonos coa máxima de que un traballo é menos traballo se fas o que che gusta.
A corporación e traballadores do Concello de Sandiás agradécelle os seus longos anos de traballo realizado con mimo e competencia e deséxalle o mellor na súa nova etapa da súa vida persoal.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Proxecto de inclusión e accesibilidade universal en Xinzo de Limia
Dende A Limia Proxecto de inclusión e accesibilidade universal en Xinzo de Limia
Un centro educativo de Xinzo de Limia está liderando un proceso de transformación para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades, actuando tanto no ámbito escolar como na contorna social do concello. Actuacións no centro educativo Co obxectivo de eliminar barreiras na comunicación e a convivencia, o centro desenvolveu as seguintes iniciativas: Sinalización visual: Incorporación de pictogramas nas dependencias do centro para mellorar a autonomía e a orientación de todo o alumnado. P…
4 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
Dende A Limia A Xunta e o Concello de Sandiás acordan colaboración para financiar proxectos estratéxicos
O pasado luns 25 de maio, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, acompañado polos concelleiros Tito Traveso e Benigno Casares. Este encontro forma parte dunha serie de contactos que o Goberno galego está a levar a cabo cos distintos concellos da comunidade para analizar iniciativas que requiran o apoio da Administración autonómica. O obxectivo principal da sesión foi tratar diferentes proxectos destinados a reforzar os serviz…
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Resultados da 35ª edición dos Premios de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
Dende A Limia Resultados da 35ª edición dos Premios de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo
A Deputación de Ourense anunciou os gañadores da 35ª edición dos Premios de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, unha distinción que recoñece a excelencia e o compromiso profesional no ámbito informativo. Distinción Honorífica: Francisco González Sarria A distinción honorífica pola súa destacada traxectoria profesional foi concedida ao xornalista Francisco González Sarria. O xurado valorou a súa carreira de máis de corenta anos, destacando o seu enfoque centrado en Ourense, o uso da lingua galeg…
19 de mayo de 2026 2 min lectura