← Volver Dende A Limia

«Parálizado e abandoado» está o concello de Xinzo segundo din os socialistas

«Parálizado e abandoado» está o concello de Xinzo segundo din os socialistas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia destaca a “parálise e o abandono” que vive o municipio cando se cumpre un ano da toma de posesión de Amador Díaz como alcalde a través dun pacto co
PP. As e os socialistas critican que a día de hoxe “non se logrou nin un só avance, nin proxecto por parte do alcalde e do seu grupo de goberno Axil-PP, o que supón un ano perdido para as necesidades da poboación de Xinzo”.
Para o grupo municipal socialista esta situación “bota por terra as numerosas promesas de Amador Díaz, quen afirmaba que da man dos seus novos socios do PP ía conseguir maiores investimentos para o concello”. Tal e como sinalan as e os socialistas “o alcalde está vivindo de rendas”, en alusión aos numerosos proxectos que se están executando e foron conseguidos polo anterior equipo de goberno, co PSOE ao fronte.

A voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, afirma que tras un ano de mandato “queda latente que as promesas do alcalde non se cumpriron e que só serviron para botar por terra o traballo feito polo anterior goberno, que tiña un proxecto de modernidade para Xinzo, que melloraría a calidade de vida da veciñanza”.
“O desleixo e o abandono que sofre a vila e tódolos núcleos do rural é máis que evidente”, subliña Lama Fernández, que tamén apunta que “a día de hoxe non se executou ningunha obra importante, nin ningún novo servizo foi posto en marcha”. A voceira socialista tamén recalca que “non temos constancia de ningún financiamento adicional para levar a cabo os proxectos estrela que se prometeron como o auditorio ou o remate do parque empresarial”.
As e os socialistas poñen o foco na “pésima” xestión do funcionamento municipal e sinalan que “numerosas rúas e beirarrúas atópanse nun estado
máis que lamentable, sen que haxa atesvos de reparación ou mantemento”. Tamén destacan que o famoso Plan Hurbe que ía servir para o acondicionamento do casco vello, “nin aparece, nin ten financiamento, máis aló de botar aglomerado en lugar de substituír as innumerables lousas de pedra rotas, o que supón un grave atentado patrimonial en plena Vía da Prata”.
“Os principais parques están cheos de maleza e herba e sen ningún tipo de mantemento, nin tan sequera nas zonas de xogo, as xardineiras desapareceron da Praza Maior e as que quedan están abandonadas a súa sorte, situación que se repite tamén no campo da feira”, láianse dende o grupo municipal socialista. O PSOE de Xinzo tamén pon o foco nas instalacións deportivas “nas que non hai melloras, nin acondicionamento”, no edificio e nas instalacións das piscinas exteriores que “esmorecen na ruína, a piques de comezar o verán” ou nos campos de fútbol da Moreira que “non recibiron as melloras prometidas”. Tampouco nada se sabe do plan estratéxico da Limia prometido para este concello e comarca pola Xunta de Galicia.
Xinzo segue perdendo poboación, algo que en palabras de Elvira Lama amosa que o goberno municipal “non é capaz de atraer e fixar poboación, nin de impulsar proxecto relacionados co emprendemento, que permitan atraer novos habitantes”. Neste senso, tamén pon o foco en que “non hai proxecto para crear emprego, namentres se seguen pechando comercios e negocios de hostalaría”. En relación á pataca, as e os socialistas critican que o alcalde e presidente da asociación de produtores “non logrou ningún avance para o sector, máis aló dunha viaxe de autobombo a Ecuador, financiada a través dunha revista especializada, a quen se lle adxudicou a promoción da Feira da Pataca de Alimagro, polo módico prezo de 11.000 euros”. Nada se sabe da planta de residuos agrogandeiros nin da de tratamento e recollida de plásticos da agricultura.
“Despois dun ano de mandato, o único que gaña é o ego persoal do alcalde, que ve como agora o traizoan os que para poñelo de alcalde, promet eron aquelo que non vai chegar”, remata Elvira Lama.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura
Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
Dende A Limia Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
O CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei celebraron a súa primeira Feira da Ciencia, un evento que serviu para amosar os resultados do traballo realizado polo Club de Ciencias ao longo do curso escolar. A iniciativa foi impulsada polo profesor Manuel Lamoso, que promoveu unha metodoloxía baseada na experimentación e na aprendizaxe práctica. Durante o ano, o alumnado de ambos os centros participou semanalmente en actividades científicas organizadas en equipos de diferentes cores (vermello, amar…
2 de junio de 2026 1 min lectura