← Volver Dende A Limia

Pictogramas do CEIP Rosalía de Castro en Trasmiras

Pictogramas do CEIP Rosalía de Castro en Trasmiras

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Dentro do programa de Innovación Educativa CP-Inclúe da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o alumnado de quinto de Educación Primaria do CEIP Rosalía de Castro colaborou na colocación de distintos pictogramas nos edificios públicos e nos parques do Concello de Trasmiras.

Foron as propias nenas desta vila, xa que moitos dos alumnos e alumnas son centro pertencen ao concello de Trasmiras, as que localizaron os distintos espazos e edificios nos que se ían colocar os pictogramas e o resto das súas compañeiras/os participaron hoxe na súa instalación.

En breves días, o centro educativo procederá a xeolocalizar dentro da páxina web de ARASAAC ao Concello de Trasmiras, pasando a ser o terceiro concello inclusivo da provincia de Ourense. Como xa habian feito antes co concello de Xinzo. 
Dende o centro agradecen ao Concello de Transmiras, en especial ao seu alcalde, Emilio J. Pazos Ojea e ao persoal da Brigada de Obras, por darlles todas as facilidades para levar a cabo este proxecto.

O uso de pictogramas ten como obxectivo a inclusión e facilitar o día a día das persoas de calquera idade con necesidades especiais.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura
O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
Dende A Limia O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
VeteransOs veterans masculinos, xogaron onte a tarde en Baños de Molgas, perderon por tan só 7 puntos. SeniorOs Senior enfrontáronse ao Estudiantes, nun partido no que se xogaban moito pero que non dependía deles. Necesitaban unha última vitoria e que os demais equipos non tiveran resultados favorables, pero non puido ser.Os nervios e o arbitraxe xogaronlle unha mala pasada o A.B.Xinzo, facendo que no último cuarto non puideran remontar o marcador, perdendo por tan só 13 puntos. Pero aínda así c…
17 de mayo de 2026 2 min lectura
XIV Abrazo ao Río Lima/Limia: compromiso pola protección ambiental e a unión transfronteiriza
Dende A Limia XIV Abrazo ao Río Lima/Limia: compromiso pola protección ambiental e a unión transfronteiriza
Celebrouse en Ponte de Lima a XIV edición do Abrazo ao Río Lima/Limia, unha iniciativa de carácter ambiental, educativo e cultural que promove a cooperación entre Galicia e Portugal. O evento reuniu a institucións, centros educativos e representantes sociais con o obxectivo de defender e valorizar o río que conecta ambos territorios. Puntos clave do encontro: Protección ambiental: Firmouse un protocolo de compromiso para a conservación do río Limia e do seu medio ambiente, con foco…
16 de mayo de 2026 2 min lectura