← Volver Diario do Limia

NOTICIAS XINZO | Os coles de Xinzo participan no programa ‘Escolas de fronteira’

NOTICIAS XINZO | Os coles de Xinzo participan no programa ‘Escolas de fronteira’

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Carlos Casares son membros do proxecto «Escolas de fronteira», que naceu para promover a educación intercultural e bilingüe nos centros de ensino situados nas zonas fronteirizas entre España e Portugal. A finalidade é crear unha rede de escolas que proporcione ao alumnado transfronteirizo unha educación de calidade e fomente a empregabilidade. 

Representantes do profesorado de ambos centros están participando no encontro que pechará o programa neste curso escolar. Unha reunión que se está a celebrar en Xinzo de Limia e na que se analizarán os resultados das iniciativas desenvolvidas ao longo deste ano encamiñadas a pór en valor a diversidade lingüística e cultural na educación. Ademáis, servirá para definir as estratexias que deberán seguir co obxectivo de dar continuidade ao programa de educación transfronteiriza.

Un dos eixos fundamentais é a capacitación do profesorado, que participa en proxectos de intercambio para pór en marcha prácticas pedagóxicas e didácticas plurilingües e interculturais. Cada centro escolar ten o seu compañeiro espello nunha escola de Portugal e o seu profesorado realizou unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais. 

O encontro permite intercambiar experiencias pedagóxicas do profesorado transfronteirizo.

Escolas de fronteira
Escolas Bilingües e Interculturais de Fronteira é un proxecto de cooperación entre os gobernos de Portugal e España e as Comunidades Autónomas, coordinado pola Organización dos Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI), a maior organización de cooperación entre países iberoamericanos de fala hispana e portuguesa.

Neste curso, participaron na iniciativa un total de 49 centros de España e Portugal; deles, seis galegos. Ademais dos centros de ensino de Xinzo, están o CEIP Amaro Refojo e o CEIP Princesa de España, de Verín, o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra do Miño) e o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Nova edición do Bono Activa Comercio na Galicia
Diario do Limia Nova edición do Bono Activa Comercio na Galicia
A Xunta de Galicia, en colaboración co Xacobeo 2027, lanzou unha nova edición do Bono Activa Comercio. Esta iniciativa ten como obxectivo dinamizar o consumo de proximidade, aliviar o impacto da inflación nas familias e potenciar a facturación dos establecementos minoristas en toda a comunidade autónoma. Os cidadáns poderán descargar os seus bonos dixitais a través da páxina web www.bonosactivacomercio.gal a partir deste mércores, 27 de maio, ás 9:00 horas. Detalle dos descontos O sistema de …
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova convocatoria do programa "Tierra de Oportunidades" no GDR10 Limia Arnoia
Diario do Limia Nova convocatoria do programa "Tierra de Oportunidades" no GDR10 Limia Arnoia
O GDR10 Limia Arnoia e CaixaBank lanzaron oficialmente a sexta edición do programa "Tierra de Oportunidades". Esta iniciativa ten como obxectivo principal fomentar o emprendemento no medio rural, crear emprego e axudar a fixar a poboación en zonas afectadas pola declive demográfica. Información clave para os interesados Plazo de solicitude: As candidaturas poden presentarse desde o 14 de maio ata o 4 de xuño de 2026. O resultado final coñecerse-se-á durante o mes de xuño. Requisitos de locali…
16 de mayo de 2026 2 min lectura
Oferta especial de Las 3 BBB: Televisor Hisense QLED 4K
Diario do Limia Oferta especial de Las 3 BBB: Televisor Hisense QLED 4K
Co motivo do Mundial, o establecemento Las 3 BBB lanzou unha promoción especial nunha televisor Hisense de 55 polgadas con tecnoloxía QLED e resolución 4K (modelo novo 2026). O produto está dispoñible polo prezo de 349 euros, mediante a modalidade de recogida na tenda. Esta oferta ten un stock limitado e permanecerá vixente ata o 25 de xuño.
11 de junio de 2026 1 min lectura