← Volver Dende A Limia

Obradoiro sobre dependencia, discapacidade e o documento de instrucións previas

Obradoiro sobre dependencia, discapacidade e o documento de instrucións previas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A dependencia e a discapacidade son termos que normalmente confundimos. Cando falamos de dependencia falamos da falta da autonomía das persoas á hora de desenvolverse nas actividades da vida diaria. Dependendo dos apoios que se precisen na realización destas actividades concédese un grao de dependencia para que as persoas avaliadas e a súa rede de apoio conten cuns servizos ou prestacións que manteñan as persoas ca mellor calidade de vida posible: servizo de axuda no fogar, centros de día, prestacións económicas para o coidado da persoa por parte da familia ou servizos privados, etc.A discapacidade, con todo, é unha condición que manifesta unha dificultade ou obstaculiza a participación plena e efectiva na comunidade ou contexto persoal da persoa debido a limitacións físicas, mentais, intelectuais e/ou a longo prazo. A discapacidade NON sempre vai vinculada a dependencia: unha persoa con esta condición tamén pode ser independente no seu día a día e autónoma na toma das súas decisións, dependerá da porcentaxe de discapacidade que lle outorgue o equipo de avaliación. Os servizos e prestacións tralo recoñecemento dun grao de discapacidade son: cobertura de ata o 100% de prestacións que inclúen tratamentos médicos, próteses ou apoios educativos; facilitar o tránsito cos coches (reserva prazas aparcamentos); acceso a prazas de emprego; dereito a atención preferente, etc.Por último, e debido á demanda da comunidade rural que participa nas actividades do CDR, Natalia explicounos que é o documento de instrucións previas. Este documento que comeza a coller relevancia e que impulsa a toma de decisións das persoas sobre a súa vida, permítenos manifestar de forma libre e anticipada os nosos desexos sobre os coidados e tratamentos que puideramos precisar no futuro e o destino final do noso corpo para que así a nosa vontade sexa respectada en todo momento, incluso nos momentos nos que xa non podamos expresala persoalmente. O único requisito para poder facelo é ser maior de idade e ter conservadas as facultades cognitivas que permiten expresar de forma consciente e por vontade propia un desexo ou necesidade.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Dende A Limia Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Contacontos en Xinzo de Limia no marco das Letras Galegas 2026 O alumnado do CEIP Rosalía de Castro participou nunha sesión de contacontos inspirada na obra O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. A actividade foi dirixida e escenificada polos voluntarios colombianos da Biblioteca Pública Antelana, Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez, cun obxectivo de fomentar o interese pola lectura e a literatura mediante a narración oral e a interpretación escénica. Esta iniciativa forma parte…
22 de mayo de 2026 1 min lectura
Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
Dende A Limia Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
No xardín da Casa Parroquial de Xinzo, celebrouse a entrega do Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025 á figura de Víctor Fernández Freixanes. O evento, que reuniu a autoridades e amigos, serviu para recoñecer a traxectoria do escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega. Homenaxe á labor de Freixanes Durante o acto, María López Sández pronunciou unha laudatio onde destacou a filosofía de Freixanes de "comunicar para crear comunidade". Resaltou o seu impacto multidisciplinar na cul…
30 de mayo de 2026 2 min lectura
O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
Dende A Limia O A.B.Xinzo quedou a tan só unha vitoria de poder loitar polo soño da Final Four
VeteransOs veterans masculinos, xogaron onte a tarde en Baños de Molgas, perderon por tan só 7 puntos. SeniorOs Senior enfrontáronse ao Estudiantes, nun partido no que se xogaban moito pero que non dependía deles. Necesitaban unha última vitoria e que os demais equipos non tiveran resultados favorables, pero non puido ser.Os nervios e o arbitraxe xogaronlle unha mala pasada o A.B.Xinzo, facendo que no último cuarto non puideran remontar o marcador, perdendo por tan só 13 puntos. Pero aínda así c…
17 de mayo de 2026 2 min lectura