← Volver Dende A Limia

Os peregrinos xa están de volta coa «Compostela» na man

Os peregrinos xa están de volta coa «Compostela» na man

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Hoxe tocaba madrugar para facer os últimos 17 km da ruta da Plata para os máis de 50 camiñantes da Limia que encomezaron o percorrido por etapas no mes de maio.

Aínda que as previsións daban moita choiva, tan solo nos primeiros quilómetros caeu unha pouca, que segundo eles mesmos, case que non mollaba.
Chegada a praza da catedral, houbo aínda tempo para descansar antes de comer en S.Martiño Pinario para despois da comida recoller a COMPOSTA.
Despois máis descanso para asistir a misa do Peregrino da tarde, e unha vez rematada a mesma coller o autobús, que aínda neste momento os trae de volta para Xinzo.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
Dende A Limia A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
A Xunta de Galicia vai investir 10.597.196 euros na posta en marcha de 23 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense. Esta iniciativa beneficiará a 460 alumnos e traballadores, repartidos entre 57 concellos e 4 mancomunidades da zona. Segundo o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, estes obradoiros funcionan como programas mixtos que combinan o emprego con a formación. O obxectivo é que persoas con dificultades de inserción laboral realicen traballos de interese xeral e social a…
11 de junio de 2026 2 min lectura
Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
Dende A Limia Innovación e investigación no cultivo de cereais na Limia
O Centro de Investigacións de Mabegondo, baixo a dirección de Luís Urquijo Zamora, realiza anualmente ensaios agronómicos na comarca da Limia con o obxectivo de avaliar novas variedades comerciais de cereais, centrándose principalmente no trigo e no centeo. A finalidade destes estudos é medir características fundamentais como o rendemento, a calidade do grao, a resistencia a enfermidades e a capacidade de adaptación ao medio. Mediante ensaios rigorosos, o centro busca proporcionar datos estatís…
3 de junio de 2026 1 min lectura
Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
Dende A Limia Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
O Antela alcandará, pola primeira vez na súa historia, os play-offs de ascenso á Terceira División. O equipo, dirixido por Bruno Gómez, asegurou a súa posición na quinta praza tras empatar sen goles (0-0) a visita do Portonovo. Este logro supón un feito sen precedentes para o club, que chegará á primeira eliminatoria con gran ilusión entre o plantel, o corpo técnico, a directiva e a súa afición.
17 de mayo de 2026 1 min lectura