← Volver Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia esixe ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

O Concello de Xinzo de Limia esixe ao Ministerio que axilice o proxecto de humanización da N525

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Este xoves 06 de xuño tivo lugar unha sesión plenaria de carácter ordinario no Concello de Xinzo de Limia. Durante a mesma, aprobouse de xeito unánime instar ao Ministerio en Madrid que axilice os trámites relativos ao proxecto de humanización da N525 ao seu paso por Xinzo. 
A humanización da N525, que abrangue os tramos das avenidas de Madrid e Ourense, e cuxo proxecto foi publicado no BOE do 26 de abril de 2023, significará un antes e un despois para a vila de Xinzo. O alcalde Amador Díaz declarou que “sempre atendemos todos os requisitos coa máxima colaboración e celeridade, pero vemos que o calendario avanza, e seguimos en fase de revisión dun proxecto comprometido polo Ministerio hai máis dun ano”. 
Adicionalmente, o pleno abordou o expediente de demolición da Presa de Gudín, cun orzamento de 1.200.000 euros, dos cales o Concello aporta o 20%. As obras, que se estiman duren de tres a seis meses unha vez comecen, incluirán a construción dunha balsa para hidroavións e un posible paso aínda non definido que facilitará o tránsito entre os concellos de Xinzo e Baltar. Posteriormente, planease converter o espazo nun entorno agradable e dinamizador do rural.
O pleno tamén aprobou por unanimidade a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) que nos permitirá acceder aos fondos europeos Next Generation, dos cales aínda non se recibiu ningunha subvención directa.
Outro punto importante foi a instalación do Punto de Actualización de Documentación (PAD), un servizo que facilitará o acceso á administración electrónica a través do reparto de claves, eliminando a primeira barreira de entrada no sistema. A pesar do voto en contra do BNG, a medida foi aprobada por considerarse esencial para romper coa fenda dixital.
Por último, foi aprobado o Plan de Medidas Antifraude do Concello, complementario ao PRTR e requisito indispensable para poder acceder aos fondos Next Generation.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
Presentación de novas propostas de identidade corporativa para o Concello de Xinzo de Limia
Dende A Limia Presentación de novas propostas de identidade corporativa para o Concello de Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia acolleu a presentación de once proxectos destinados á creación dunha nova identidade visual e corporativa para o municipio. Estas propostas foron elaboradas polo alumnado do Grao en Publicidade e Relacións Públicas de CESUGA, como parte dun convenio de colaboración formativa entre ambas institucións. No acto participaron os estudantes autores dos proxectos, a directora da titulación Margarita Borreguero e o profesor Borja López. Pola parte municipal, asistiron o alc…
20 de mayo de 2026 1 min lectura