← Volver Dende A Limia

O BNG QUERE LEVAR A BRUXELAS O TRÁFICO DE XINZO

O BNG QUERE LEVAR A BRUXELAS O TRÁFICO DE XINZO

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 Mirian Opazo, candidata limiá ó Parlamento Europeo e responsable local da organización, adquiriu o compromiso de traballar con Ana Miranda para levar a Bruxelas o problema de mobilidade de Xinzo de Limia. 

O BNG, que se lamenta de que a obra das avenidas tantas veces anunciada non teña avanzado e se consuman prazos ata poñer en risco o proxecto, ten denunciado en diferentes ocasións a falta dun plan xeral de mobilidade en Xinzo que ofreza solucións alternativas para, especialmente, evitar o paso do tráfico pesado polo medio da vila. Mirian Opazo xustifica a necesidade recordando que “o 25 de abril viamos como un camión non eran quen de manobrar no cruce entre a xeral e a rúa 2 de maio, o que é un risco que viñamos xa denunciando”.
Opazo mantén que “o peso estratéxico do sector primario é indiscutible e supón o garante económico e social da comarca, polo que precisa de apoios ambiciosos e modernos que lle faciliten, por exemplo, o transporte. Isto tamén beneficia ó outro sector clave, o do comercio e a hostelería”.A circunvalación sur de Xinzo ten sido defendida polo Bloque en diferentes ocasións. A última, nas eleccións municipais de 2023, cando se reclamaba o apoio das Administracións para acometer unha solución eficaz e definitiva a un problema que afecta á veciñanza.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A campaña de Trens Turísticos de Galicia segue ampliándose co éxito da alta ocupación
Dende A Limia A campaña de Trens Turísticos de Galicia segue ampliándose co éxito da alta ocupación
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou a continuación da campaña de Trens Turísticos de Galicia, unha iniciativa en colaboración coa Renfe e o INORDE. Este programa busca promover un turismo sostible e singular, contribuíndo á desestacionalización e á redistribución de viaxantes por toda a comunidade autónoma. A nova fase da campaña arrinca este 6 de xuño coas rutas da Ruta dos Faros e da Ribeira Sacra polo Sil. A alta demanda destas viaxes xa é evidente, con moitas datas es…
5 de junio de 2026 2 min lectura
Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
Dende A Limia Hito histórico para o Antela: clasificado para os play-offs de ascenso
O Antela alcandará, pola primeira vez na súa historia, os play-offs de ascenso á Terceira División. O equipo, dirixido por Bruno Gómez, asegurou a súa posición na quinta praza tras empatar sen goles (0-0) a visita do Portonovo. Este logro supón un feito sen precedentes para o club, que chegará á primeira eliminatoria con gran ilusión entre o plantel, o corpo técnico, a directiva e a súa afición.
17 de mayo de 2026 1 min lectura
Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
Dende A Limia Planificación das obras de mellora na N-525 en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia informou sobre a programación das obras de mellora na travesía da N-525. Para a finalización destas infraestruturas, estableceron os seguintes cortes de tráfico: Calendario de afectacións 30 e 31 de maio: Corte total do tramo da Praza Maior para realizar labores de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Corte da plataforma elevada do Pombal para finalizar o aglomerado impreso. Corte do tramo comprendido entre a rotonda do Pombal e a roton…
29 de mayo de 2026 1 min lectura