← Volver Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia retrocede no tempo coa celebración das Vestalias

Xinzo de Limia retrocede no tempo coa celebración das Vestalias

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Xinzo de Limia, a 05 de xuño de 2024.  A Praza Maior de Xinzo de Limia vestirase de gala este 8 de xuño, de 20:00 a 22:00 horas, para acoller a primeira edición das “Vestalias”, un evento de recreación histórica organizado pola A.C. Civitas Limicorum en colaboración co Concello de Xinzo. Esta xornada promete revivir o espírito da antiga Roma, mergullando aos asistentes nunha atmosfera única de historia e tradición.
As Vestalias eran unha festa importante na antiga Roma adicada a Vesta, a deusa do fogar, cuxo culto estaba centrado na conservación do lume sagrado. Este festival honraba ás Virxes Vestais, encargadas de manter este lume e desempeñar rituais que aseguraban a protección e a continuidade da cidade. A recreación das Vestalias por parte da A.C. Civitas Limicorum ten un significado especial, xa que reflicte o compromiso da asociación coa promoción e a educación sobre a historia romana, semellante ao que demostran anualmente coa Festa do Esquecemento.
O programa da noite comezará ás 20:00 horas cun desfile de escolta romana das Vestais, seguido ás 20:15 por interpretacións da Banda Achicoria con marchas romanas. Ás 20:30, celebrarase o acto central denominado “Vestalias”, no que participarán as Vestais da Civitas Limicorum e as chegadas de Asturica Augusta. A continuación, ás 20:45, terá lugar unha cerimonia de iniciación para unha nova vestal, destacando o compromiso continuo coa tradición e a cultura.
Un dos momentos máis esperados será ás 21:00, co espectáculo “Magna Vestae”, que mesturará impresionantes exhibicións de lume e acrobacias. O evento pecharase ás 21:45 cun segundo desfile de tropas romanas, que rematará a celebración coa grandeza característica das recreacións históricas.
Mentres nos preparamos para este emocionante evento, lembramos que faltan menos de tres meses para a Festa do Esquecemento, outra das nosas principais celebracións, que tamén serve para destacar e promover a nosa rica herdanza cultural. Este ano, a vixesimocuarta edición do Esquecemento será os días 23, 24 e 25 de agosto.

Fonte: xinzodelimia.gal

Ver noticia completa
concello Cultura xinzo
Tamén che pode interesar
Hallado morto un home de uns 50 anos en Xinzo de Limia
Diario do Limia Hallado morto un home de uns 50 anos en Xinzo de Limia
Un home de aproximadamente 50 anos de idade foi atopado sen vida no seu domicilio, situado na calle Sargento Rodríguez, número 2, en Xinzo de Limia. O descubrimento produciuse despois de que un familiar diera a voz de alarma aos servizos de urxencia ao notar a súa ausencia. Tras o aviso, os equipos sanitarios confirmaron o óbito no lugar. Aínda que ao domicilio trasladáronse diversos servizos de seguridade e efectivos da Policía Xudicial para coordinar as actuacións, os primeiros indicios apunt…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Sandiás abre o verán cultural cunha programación de máis de 43 actividades para todos os públicos
Concello de Sandiás Sandiás abre o verán cultural cunha programación de máis de 43 actividades para todos os públicos
O Concello de Sandiás presenta a programación Primavera-Verán Cultural 2026 cunha ampla oferta de actividades pensadas para toda a veciñanza: música, cine, maxia, deporte, actividades infantís, culturais, educativas, ambientais e visitas guiadas ao patrimonio local. Entre marzo e agosto, Sandiás converterase nun espazo cheo de vida, encontro e participación. Poderás consultar toda a programación no […] La entrada Sandiás abre o verán cultural cunha programación de máis de 43 actividades para tod…
18 de mayo de 2026 1 min lectura