← Volver La Región

Laura Gutiérrez gaña o certame Antón Tovar

Laura Gutiérrez gaña o certame Antón Tovar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O poema “Tanto camiñei, camiñei tanto”, de Laura Valeria Gutiérrez Caneda, é o gañador do Certame Literario Antón Tovar convocado polo Padroado do Museo da Limia. A xunta directiva do Padroado reitera a reivindicación de que a Real Academia Galega (RAG) adique a Tovar o Día das Letras Galegas do 2025. Hoxe, 4 de xuño de 2024, cúmprense 20 anos do pasamento de Antón Tovar e, con tal motivo, o Padroado do Museo da Limia convocou un certame literario, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção.

O xurado do certame acordou, por unanimidade, premiar o devandito poema e adherirse tamén ao acordo da xunta directiva do Padroado do Museo da Limia para demandar que a RAG lle dedique o vindeiro Día das Letras Galegas.
O premio consiste nun bono para pasar unha fin de semana para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos. A entrega do galardón será o 15 de xuño no Museo da Limia.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
La Región Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
Durante a tarde de hoxe, rexistráronse dous accidentes de tráfico na provincia que deixaron varias persoas feridas. O primeiro incidente ocorreu aproximadamente ás 15:53 h na OU-501, á altura do kilómetro 0 en Rairiz de Veiga (A Limia). Nunha colisión entre dous vehículos produciuse unha saída de vía que resultou en varias persoas feridas. Un dos ocupantes precisou de asistencia médica por parte de Urxencias Sanitarias 061 debido a dores no peito e nun brazo. Á zona despacháronse membros da Gua…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
La Región Aprendizaxe experimental: Os centros de Os Blancos e Monterrei celebran a súa Feira de Ciencia
O alumnado do colexio de Os Blancos e do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Monterrei protagonizou unha Feira de Ciencia no centro de Limia, cunha proposta baseada na experimentación directa e a participación activa dos estudantes. Durante a xornada, os alumnos explicaron conceptos científicos fundamentais como o principio de Arquímides, a electricidade estática, as leis de Newton e o nivel de pH mediante diversos postos de experimentación. Un dos momentos máis destacados foi unha representación t…
4 de junio de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia e Ponte de Lima celebran a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
La Región Xinzo de Limia e Ponte de Lima celebran a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Os días 15 e 16 de xuño de 2026, Xinzo de Limia e a vila portuguesa de Ponte de Lima celebrarán a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia". Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Educación e Cultura de Xinzo, ten como obxectivo reforzar os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambas pobloacións. O encontro reunirá a máis de mil alumnos de diversos centros educativos, entre os que se inclúen os CEIP Rosalía de Castro, Carlos Casares, Carlos Cid Arregui, dos Blancos, Sandiás e Sarrea…
11 de junio de 2026 2 min lectura