← Volver La Voz de Galicia

Aimil Folc levouse o Premio Prado Lameiro da Coral de Ruada

Aimil Folc levouse o Premio Prado Lameiro da Coral de Ruada

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A gala da Coral de Ruada celebrouse no Principal Miguel Villar

O galardón foi entregado nunha gala celebrada no Teatro Principal
25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Coral de Ruada creou hai anos o Premio Xavier Prado Lameiro para distinguir o labor desinteresado de persoas ou colectivos que se teñen distinguido polo compromiso coa cultura galega e o idioma. Na convocatoria deste ano o xurado acordou conceder a distinción á Asociación Cultural Aimil Folc e a entrega do galardón materializouse no acto que se celebrou este venres no Principal. No mesmo entregouse o diploma acreditativo e a peza de Buciños correspondente.

Ademais das actuacións da Coral de Ruada e do Coro Aimil, de Xinzo, na cita do espazo cultural ourensán tamén se levou a cabo a representación da obra de teatro «Todo ten goberno», de Xavier Prado Lameiro —o grupo escénico da Coral de Ruada tamén leva o seu nome—. A dirección da compañía correu a cargo de César Francisco González Fernández.

Archivado en: Xinzo de Limia Teatro

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
La Voz de Galicia prensa Teatro Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
O Antela suma un punto de mérito en Portonovo
La Voz de Galicia O Antela suma un punto de mérito en Portonovo
O Antela FC acadou un empate sen goles (0-0) na súa visita ao campo do Portonovo, nun encontro moi igualado onde a defensa limiá mantivo a solidez fronte a un rival directo na táboa. O partido foi moi disputado e con poucas ocasións de gol por ambos os dous bandos. O protagonista do conxunto visitante foi o porteiro Iago Salgado, que realizou unha intervención clave para deter un remate de cabeza de Yoel Crespo, a oportunidade máis clara dos locais. Pola súa parte, o equipo de Bruno Gómez most…
19 de octubre de 2026 1 min lectura
Antela e Barco empatan nun disputado derbi en Xinzo
La Voz de Galicia Antela e Barco empatan nun disputado derbi en Xinzo
O Antela e o CD Barco asinaron un empate (1-1) este sábado no campo da Moreira, nun encontro moi igualado correspondente á sexta xornada de Terceira Federación. O xove Bernardo adiantou ao equipo local no minuto 12. Xa na segunda metade, no minuto 47, un tanto en propia meta de Tiago Teixeira puxo o empate definitivo no marcador para os valdeorreses. Tras este resultado, ambos os equipos manteñen a súa boa dinámica na clasificación: Clasificación: Os dous equipos suman 11 puntos. Contexto: S…
12 de octubre de 2026 1 min lectura
Terapias con burros en San Salvador dos Penedos para persoas con diversidade funcional
La Voz de Galicia Terapias con burros en San Salvador dos Penedos para persoas con diversidade funcional
A asociación Andrea leva a cabo en Allariz programas de estimulación cognitiva e psicomotriz utilizando burros como facilitadores terapéuticos. As sesións, que benefician a colectivos como Limisi ou Aspanas, rematarán a próxima semana pola falta dun espazo cuberto para o mal tempo. As actividades realízanse nunha leira de San Salvador dos Penedos, un terreo cedido polo Concello de Allariz no ano 2008. Os participantes interactúan cos animais para mellorar a súa mobilidade e estimular o seu cere…
23 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser