O Concello de Xinzo de Limia organiza este venres 6 de novembro un Magosto popular na Praza Maior, aberto a toda a veciñanza.
A festa comeza ás 20:30 horas cunha degustación de produtos típicos:
- Castañas
- Chourizos
- Empanada
- Bica
O ambiente musical durante o reparto correrá a cargo dos grupos @s Xeitosiñ@s de Baltar e Os Lumeada. Para rematar a xornada, a banda The Tetas’ Van ofrecerá un concerto a partir das 21:30 horas.