← Volver Dende A Limia

O PPdeG pon en valor as axudas da Xunta de máis de 3,6 M€ para compensar o sobrecusto do gasóleo e dos fertilizantes no sector agrogandeiro

O PPdeG pon en valor as axudas da Xunta de máis de 3,6 M€ para compensar o sobrecusto do gasóleo e dos fertilizantes no sector agrogandeiro

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O PPdeG reivindicou “o compromiso firme e con feitos” do Goberno galego co sector agrogandeiro fronte ao incremento dos custos de produción, principalmente, no referido ao gasóleo agrícola e aos fertilizantes.Durante unha visita recente ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, en Xinzo de Limia, os deputados do Grupo Parlamentario Popular Cristina Campero e Miguel Viso puideron coñecer de primeira man o traballo que desde estas instalacións se fai a prol do sector. E aproveitaron para enxalzar a nova orde de axudas, de máis de 3,6 M€ –dos cales 1,6 M€ proceden dunha achega procedente da Comisión Europea e 2 M€ son adicionais da Xunta-, que o Goberno galego lanzará para paliar o encarecemento do gasóleo agrícola e dos fertilizantes, e que ten como obxectivo apoiar de forma directa aos profesionais que apostan pola viabilidade do campo, as explotacións profesionais e o desenvolvemento do rural.Neste senso, explicaron que estes apoios contarán cunha tramitación simplificada e aboaranse antes de que remate o ano para dar liquidez directa aos agricultores e gandeiros autónomos cuxos ingresos dependan polo menos nun 25 % da actividade agraria.Para a deputada popular Cristina Campero, estas axudas son “unha mostra do compromiso real e con feitos” da Xunta cos profesionais do campo nun momento de dificultade, correspondendo ao esforzo da xente que o fai ben. Porque, segundo dixo, garantir a estabilidade e a rendibilidade resulta fundamental para asegurar a remuda xeracional no rural e permitir que a mocidade aposte por este sector.Pola súa banda, o deputado Miguel Viso remarcou que “a verdadeira defensa do rural faise con política útiles”, a través de recursos que chegan directamente ao sector produtor e que poñen en valor o liderado lácteo de Galicia, que concentra máis da metade das explotacións de España e produce o 42 % do leite do Estado.Os deputados populares concluíron reiterando que o futuro do rural pasa por apoiar aos gandeiros que apostan pola calidade, pola sustentabilidade e pola protección da biodiversidade. Así, incidiron no compromiso da Xunta para continuar sendo un aliado do sector primario, impulsando medidas que reforcen a súa competitividade e contribúan a fixar poboación no territorio.INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA UN REPARTO MÁIS XUSTOAo fío disto, os deputados lembraron que o Grupo Popular rexistrou unha iniciativa no Parlamento para solicitar ao Goberno central a revisión dos criterios das axudas estatais para fertilizantes, esixindo cambios normativos para un reparto “máis xusto e acorde coa realidade produtiva de Galicia”.Dende o PPdeG denunciaron o “desequilibrio territorial” dun modelo de Pedro Sánchez que deixa á comunidade con só o 0,6 % destes fondos, prexudicando gravemente a un sector clave economicamente onde a superficie agraria está moi vinculada á produción de forraxes e á alimentación do gando. Con esta iniciativa, os populares avogan por que os apoios estatais “se aproximen o máximo posible aos custos que realmente soportan os profesionais”, sumándose así á reclamación que a propia Xunta xa trasladou formalmente a Madrid.CENTRO DE DESENVOLVEMENTO AGROGANDEIROA elección do Centro Agrogandeiro responde precisamente ao seu coñecemento directo desta materia. As súas instalacións funcionan como laboratorio e punto de apoio técnico para agricultores e produtores da provincia, aos que presta servizos de análise de solos e asesoramento posterior, incluídas recomendacións específicas de fertilización.Servando Álvarez, director técnico do centro e cunha longa traxectoria no asesoramento aos produtores da Limia, ten desenvolvido ademais traballo específico arredor da racionalización da fertilización dos cultivos e da xestión de fertilizantes. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A gandeira de Bande Isaura de la Torre, protagonista da campaña "8M, mes a mes" en outubro
Dende A Limia A gandeira de Bande Isaura de la Torre, protagonista da campaña "8M, mes a mes" en outubro
A Deputación de Ourense dedica este mes de outubro a visibilizar o labor das mulleres gandeiras a través de Isaura de la Torre, unha profesional de Bande que mantén viva a tradición familiar no rural. Isaura, de 40 anos, leva toda a súa vida dedicada ao coidado dos animais na súa explotación de Recarei, na comarca da Baixa Limia. A súa granxa conta actualmente con: 130 vacas. 20 ovellas. 3 cabalos. Esta iniciativa, impulsada pola área de Igualdade provincial, busca recoñecer o traballo diar…
8 de octubre de 2026 1 min lectura
Carvalho de Moura presenta o seu libro sobre a unión entre a Limia e Montalegre
Dende A Limia Carvalho de Moura presenta o seu libro sobre a unión entre a Limia e Montalegre
O autor Carvalho de Moura presentou o seu novo libro, A Fronteira de Montalegre, nun acto que reuniu a máis de cincuenta persoas na Limia para celebrar os vínculos históricos entre Galicia e Portugal. A obra recolle a experiencia persoal do autor como responsable político na transformación de Montalegre e o seu labor para derribar as barreiras físicas e administrativas na raia. O libro destaca como a veciñanza entre ambas as dúas rexións sobreviviu ao paso do tempo a pesar das dificultades polí…
23 de octubre de 2026 1 min lectura
Menor e Santiago Ferrer analizan as vías  de colaboración entre a Deputación e a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova
Dende A Limia Menor e Santiago Ferrer analizan as vías de colaboración entre a Deputación e a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión con Santiago Ferrer, novo responsable da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, para revisar as liñas de colaboración que a institución provincial mantén coa entidade radicada en Portoquintela (Bande) e estudar as posibilidades de continuidade deste apoio. Durante o encontro, no que tamén participou a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, analizáronse diferentes ámbitos de cooperación, entre eles a colaboración en novas escavac…
16 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser